-
-
1.110 m
944 m
0
3,7
7,4
14,87 km

Vista 784 veces, descargada 11 veces

cerca de Ucero, Castilla y León (España)

Mércores, 05 de agosto de 2015. Canón do Río Lobos. Senda das Gullurías.
Seguimos polas terras singulares de Soria. O Río Lobos nace na provincia de Burgos e discorre principalmente por Soria. Divisorio da Cordilleira Ibérica e a Alta Meseta do Río Douro. O Canón do Río Lobos é parque natural dende o ano 1985. Segundo información facilitada no parque, a lonxitude do canón na provincia soriana é de máis de 23 quilómetros. Un lugar con moitas covas, augas subterráneas e simas. Existen polo menos quince rutas marcadas e mapas sobre estas. O camiñante pode xerar o seu propio percorrido.
No percorrido observamos numerosas aves que buscan o seu refuxio e hábitat nas repisas, paredes e ocos: Aguias (real e culebrera), voitre común, azor, falcón peregrino e outras especies.
Iniciamos o percorrido na Casa do Parque nun día de moita calor. Elixindo con máis ou menos acerto lugares que consideramos representativos do Canón. A Cova Grande, Ermida de San Bartolomé, a Alvariza dos Frades e a senda das Gullurías pola que regresamos. O miradoiro das Gullurías é un sitio fantástico para observar o voo dos voitres, ao estar no alto de canón, estes, voan a pouco metros de distancia.
Quince quilómetros representativos desta paraxe singular

Ver más external

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta