Tiempo  5 horas 56 minutos

Coordenadas 1744

Fecha de subida 23 de julio de 2019

Fecha de realización julio 2019

-
-
461 m
88 m
0
4,5
9,1
18,14 km

Vista 80 veces, descargada 8 veces

cerca de Leiro Grande, Galicia (España)

Un caos granítico de bólos ten a súa orixe nun desprendemento de bloques de masa pétrea que pola acción da erosión climatolóxica son illados do substrato común e sometidos a un desgaste que lle da estrañas formas, chegando en casos a amontoarse uns sobre os outros (rochas cabaleiras). Moitas destas grandes bólas de tamaño ciclópeo, pola súa singular fasquía, chegan a recibir nome propio e mesmo ser orixe de lendas.

Pena Corneira, por cuxas abas que verten a Leiro vai o noso roteiro, é un amplo macizo de gran singularidade cunha representación de bólos exemplo da meteorización ao longo dos tempos e onde sobrancea o coñecido penedo vertical de dez metros de altura (que non está na nosa ruta).

A camiñada non terá só interese xeolóxico e así poderemos mergullarnos en vizosas carballeiras, pasar por algúns pardiñeiros coas súas ruínas de antigas casas de pedra, ver unha eira cun bo número de hórreos en Paredes, a igrexa de San Breixo de Berán (do século XVIII en estilo barroco) e a de San Miguel de Lebosende (románica), ollar as vellas residencias señoriais da Casa da Torre e o escangallado Pazo de Cima de Vila ou facer un pequeno repouso nas áreas de lecer e praias fluviais do río Avia pasando por riba da Ponte das Poldras.

Ver más external

Igrexa en Leiro.
Área recreativa en Leiro.
Área recreativa en Paredes.
Lugar no concello de Leiro.
Berán é unha parroquia do concello de Leiro.
Bólos granítico en Pena Corneira.
Fraga subindo cara a Pena Corneira.
Caos de bólos graníticos en Orega, Leiro.
Ermida en Lebosende.
Ermida en Paredes.
Ermida en Barzamedelle.
Igrexa en Orega.
Bosque de carballos entre Lebosende e Paredes.
Sendeiro na subida hacia Pena Corneira.
Casa grande en Berán.
Cemiterio de Lebosende.
Punto de inicio, no centro de Leiro.
Congostra nas aforas de Leiro.
Congostra en Paredes.
Corredoira en Barzamedelle.
Cruceiro nas aforas de Leiro.
Cruceiro en Orega.
Punto de desvío para subir a Pena Corneira.
Eira con hórreos en Paredes.
Fonte de auga potable en Berán.
Fonte de auga potable en Berán.
Fonte de auga potable en Barzamedelle.
Fontes de auga potable en Rubial.
Igrexa barroca do século XVIII.
Lavadoiro en Lebosende.
Parroquia do concello de Leiro.
Concello da provincia de Ourense, da comarca do Ribeiro.
Muíño hidráulico no regato do Faxón.
Muíño hidráulico en Leiro.
Parroquia do concello de Leiro.
Casas en ruínas en Rubial.
Casas en ruínas en Lebosende.
Casas de pedra en ruínas en Barzamedelle.
Lugar no concello de Leiro.
Paso de madeira.
Pazo en ruínas en Cima de Vila.
Ponte colgante sobre o río Avia ao seu paso por Leiro.
Ponte sobre o río Avia, ao seu paso por Leiro.
Pontella sobre o regato de Faxón.
Praia nas marxes do río Avia ao seu paso por Leiro.
Pequeno regato en Berán.
Tirbutario do regato do Faxón.
Tributario do río Miño pola súa marxe dereita.
Pequena aldea en Leiro.
Viñedos na parroquia de Berán.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta