Sé el primero en aplaudir
Vista 836 veces, descargada 21 veces
cerca de Vilachá, Galicia (España)
Roteiro pola parroquia de Vilachá de Salvadur (A Pobra do Brollón). Arranca nas adegas medievais, declaradas BIC e elemento incluído na candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade polo seu interese etnolóxico. Destacan os miradoiros sobre a Ribeira Sacra, un castro de enormes dimensións cunha muralla en perfecto estado (con panorámicas sobre o Val do Lemos) e unha mámoa. Ademais, existe a posibilidade de visitar as adegas e probas os famosos viños de Vilachá, tanto en adega profesional coma en adega artesanal.
Monumento
Adegas medievais (BIC)
Adegas medievais declaradas BIC, incluídas na candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade. Hai 42 adegas en mans de particulares. No pasado pertenceron ao mosteiro de San Vicente do Pino (Monforte de Lemos) e de Montederramo.
Waypoint
Aldea de Vilachá de Salvadur
Árbore que dá nome a esa zona e está vencellado ás lendas dos aláparos.
Panorámica
Miradoiro Ribeira Sacra
Miradoiro da Capela, con mesas e bancos para descansar.
Monumento
Adegas de Salgueiros
Yacimiento arqueológico
Castro do Castrelado
Castro de 3 hectáreas, practicamente virxe. Conserva tres liñas de murallas. Unha de gran tamaño, que en partes alcanza os 14 metros.
Panorámica
Miradoiro da Ribeira Sacra
Vistas da Ribeira Sacra dun lado e do outro do Courel.
Yacimiento arqueológico
Mámoa da Portela
Panorámica
Miradoiro da Ribeira Sacra
Xurxo Martínez González 11 ene 2021
Unha ruta moi recomendable. Historia, paisaxe e bo viño. Nunha mañá faise toda. Tamén se pode facer ben en bici