Dificultad técnica   Moderado

Tiempo  8 horas 24 minutos

Coordenadas 3583

Fecha de subida 8 de octubre de 2013

Fecha de realización octubre 2013

-
-
2.104 m
1.205 m
0
6,8
14
27,22 km

Vista 1405 veces, descargada 15 veces

cerca de Villanueva, Galicia (España)

Ruta realizada na primeira fin de semana de outubro, en época de apareamento dos cervos, cos seus urros omnipresentes durante a ascensión.
Saímos da casa rural O Trisquel (a ruta está na súa páxina web) sobre as dez da mañá e disfrutamos unhas cervexas ben frescas na mesma casa rural pouco despois das seis da tarde.
O percorrido faise máis levadeiro do que pode parecer pola distancia e polo desnivel. A única parte algo dura da ascensión comeza pouco despois de pasar onda o río Meladas, pois nuns dous quilómetros salvamos máis de catrocentos metros de desnivel. A partir da Morteira de Campos, ao pé do lombo de Roncín, o camiño faise sen dificultade.
Pena Trevinca, a pena Negra e o seu contorno son espectaculares. Dende o cumio distínguese perfectamente o nacemento do río Tera e con día claro albíscanse montes como o Teleno ou Manzaneda, por mencionar un ao leste e outro ao oeste.
No descenso desviámonos até o cumio do Maluro e a baixada posterior, todo o tempo por pistas, pode chegar a facerse un chisco monótona.
Para seguir de ruta ao día seguinte pasamos a noite na Veiga: grazas aos coidados recibidos no bar da Mencha recuperamos corpo e espírito para render tamén o domingo coa visita ás lagoas.
  • Foto de Maluro
  • Foto de Pena Negra
  • Foto de Pena Negra
  • Foto de Pena Negra
  • Foto de Pena Negra
  • Foto de Pena Trevinca
  • Foto de Pena Trevinca
  • Foto de Pena Trevinca
2.137 metros. Teito de Galiza.
  • Foto de Minas de wolframio

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta