Tiempo  23 minutos

Coordenadas 1790

Fecha de subida 16 de mayo de 2018

Fecha de realización mayo 2018

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
550 m
211 m
0
3,7
7,4
14,76 km

Vista 870 veces, descargada 55 veces

cerca de Belesar, Galicia (España)

O roteiro danos a coñecer unha das zonas máis importantes do cultivo vitivinícola coa denominación de orixe Ribeira Sacra, indo polos concellos de O Saviñao e Chantada arredor dun Miño encorado polo salto de Os Peares -a presa de Belesar está augas enriba-. O itinerario pisa parte do PR-G 162 -Ribeira Sacra do Miño- e o PR-G 183 -Ruta dos Viñedos de Belesar-.

Un bo sitio para o inicio da andaina é Belesar, que ten a particularidade de pertencer a dous concellos distintos: Chantada, na ourela dereita do río, e O Saviñao, o barrio da esquerda do Miño. Empezamos subindo pola antiga calzada romana de Os Codos, por onde vén o Camiño Xacobeo de Inverno, e que entre frondosas carballeiras chega ata a igrexa románica de San Paio de Diomondi.

Logo das aldeas de A Portela e Montecelo descendemos por entre os socalcos cara a Bexán, con marabillosas vistas sobre o Miño o os bancais chantadinos. Por corredoiras no medio do bosque ascendemos a Millarada e de aquí a O Castro para deseguido baixar a procura da ponte de Portotide, por onde cruzamos a outra marxe e conectar na aldea de O Pincelo co Roteiro dos Viñedos.

Avanzamos a contracorrente por camiños de servicio as viñas e carreiros nos socalcos hacia ao peto de ánimas e igrexa de San Bartolomé, atopándonos con numerosas cerdeiras. Para concluir a camiñada, atravesamos a ponte de Belesar e poñémonos no embarcadoiro dos catamaráns, onde comezamos.

Ver más external

foto

A Portela

Aldea no concello de O Saviñao.
foto

Adega

Bodega no medio dos viñedos, preto da aldea de O Mato.
foto

Belesar

Parroquia que pertence a dous concellos distintos: Chantada e O Saviñao.
foto

Bexan

Aldea no concello de O Saviñao.
árbol

Carballeira

Bosque de carballos no sendeiro da Ribeira Sacra do Miño.
foto

Carreiro

Sendeiro na aldea de O Pincelo, Chantada.
amarre

Comezo Belesar

Punto de comezo do roteiro, no embarcadoiro de Belesar.
foto

Corredoira

Congostra no sendeiro da Ribeira Sacra do Miño.
amarre

Embarcadoiro Pincelo

Amarre para os catamaráns na aldea de O Pincelo, Chantada.
Arquitectura religiosa

Igrexa San Bartolome

Igrexa no barrio chantadino de Belesar.
foto

Millarada

Aldea do concello de O Saviñao.
foto

Montecelo

Aldea no concello de O Saviñao.
foto

O Castro

Aldea no concello de O Saviñao.
foto

O Mato

Aldea no concello de O Saviñao.
foto

Os Codos

Antiga calzada romana pola que pasa o Camiño Xacobeo de Inverno, en Belesar.
foto

Peto animas

Peto de ánimas de San Bartolomé, en Belesar.
foto

O Pincelo

Aldea no concello de Chantada.
Puente

Ponte Belesar

Ponte sobre o Miño, unindo os dous barrios de Belesar.
Puente

Ponte Portotide

Ponte sobre o Miño, entre as aldeas de O Mato e O Pincelo.
Río

Rio Miño

O río máis longo de Galicia.
Ruinas

Ruinas casa

Ruínas dunha casa que se atopa entre as aldeas de Millarada e O Castro.
Arquitectura religiosa

San Paio Diomondi

Igrexa románica do século XII.
foto

Sendeiro

Carreiro que baixa desde O Mato cara a ponte de Portotide.
foto

Socalcos

Bancais na Ribeira Sacra do Miño.
panoramica

Vistas

Vistas sobre o Miño desde o lado do concello de O Saviñao.
foto

Viñedos

Plantación de viñas na beira chantadina do río Miño.

2 comentarios

  • Tío_Pepe 10-dic-2019

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    Ruta moi, moi interesante. Válida para calquera época do ano pero de especial beleza no outono. Moi ben documentada e boas fotos. Grazas por partillala.

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 11-dic-2019

    Grazas, Pepe. Saúdos.

Si quieres, puedes o esta ruta