
(
https://www.wikiloc.com/outdoor-trails/vmlg-16-zas-vimianzo-2021-72294011#wp-72294059)
(http://www.caminador.es/wp-content/uploads/Patrimonio-de-Berdoias.pdf)
(
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/vmlg-17-patrimonio-de-berdoias-norte-69556257)
(XXIV). MOSTRA DO PATRIMONIO MATERIAL DA PARROQUIA DE BERDOIAS
AS CASAS-VIVENDA NO LUGAR DE BERDOIAS
Berdoias ten 45 casas-vivenda, aínda que delas permanecen habitadas, na actualidade, tan só 22.
Preto dun 85% destas casas son de pedra, que, si as sumamos ás súas construcións adxectivas (28 cabazos, 8 eiras, 18 fornos, 18 lacenas das abellas, 7 muíños… etc ) fan do lugar toda unha rica e variada mostra da arquitectura popular tradicional.
Quedan exemplares de vellas casas-vivenda que xa se atopan nun estado máis ou menos ruínoso, como:
-As casas da Rata e das Ribeiras que xa tan só manteñen “en pé” restos dagúns muros, a piques de caer. Quedan como tesouros das dúas, algunhas das súa construcións complementarias: os dous cabazos, os pozos, os fornos, e a carón da da Rata conserva rehabilitadas unha eira e unha cabana.
- A Casa Grande de Alonso de Lema II, datada de 1607, que ten problemas de cuberta, pero que conserva todos os muros exteriores; e tamén a construción anexa, noutrora destinada a corte do gando; o chan da eira e o cabazo.
- A casa do Patín (ou do Gandiño), que perdeu a cuberta a causa dun incendio a comezos dos anos 80, pero que aínda conserva os seus muros exteriores. É unha construción con dous teitos a dúas augas, compartindo un desaugadoiro central de pedra. Dos elementos máis singulares desta casa, ó longo da súa fachada norte, é a escaleira cun patín, noutrora pechado polos laterais e cuberto, que daba acceso ó sobrado. Na dependencia destinada a cociña aínda se mantén en pé a lareira, unha cheminea de considerables dimensións, xunto cun forno moi ben conservado. E nunha das paredes do sobrado perdura tamén unha lareira con cheminea, para calefacción.
(Boa parte da documentación deste texto procede do traballo de campo " Inventario do Patrimonio Etnográfico sobre o concello de Vimianzo" feito en 1993 por Xosé María Lema, Roberto Mouzo e Moncho Gándara.)
Comentarios