Coordenadas 190

Fecha de subida 3 de abril de 2021

Fecha de realización abril 2021

-
-
257 m
208 m
0
2,7
5,4
10,75 km

Vista 36 veces, descargada 2 veces

cerca de Berdoyas, Galicia (España)

Circuito que recolle a escolma de Patrimonio Material da Parroquia de Berdoias elaborado por el profesor Moncho Gándara con a colaboración da Asociación Parroquial de Berdoias o Seminario de Estudios Comarcais (SEMESCOM) e a Asociación Via Mariana Luso Galaica
(https://www.quepasanacosta.gal/author/moncho-gandara )..
(https://www.facebook.com/Asociacion-Parroquial-De-Berdoias-212724922221849/ )..
(http://semescom.gal/ )..
(https://gl.wikipedia.org/wiki/Comarca_da_Terra_de_Soneira)..
http://viamarianalusogalaica.eu/
LISTADO de PUBLICACIONS
(https://www.quepasanacosta.gal/articulo/vimianzo/tesouros-berdoias-casota-freans/20210220093833125102.html)

PATRIMONIO DE BERDOIAS. Cto. Norte.
(http://www.caminador.es/wp-content/uploads/Boallo.pdf)
(http://www.caminador.es/wp-content/uploads/Pedra-do-Frade.pdf)
(http://www.caminador.es/wp-content/uploads/A-Bouza.pdf)
(http://www.caminador.es/wp-content/uploads/STA-CRISTINA.pdf)
(http://www.caminador.es/wp-content/uploads/Rego-dos-Podres.pdf)
Punto de información

BOALLO


..(http://www.caminador.es/wp-content/uploads/Boallo.pdf)..
BOALLO é o lugar máis occidental da parroquia, limita co concello de Muxía, e acompaña, moi pretiño pola esquerda, o remate do tramo da Vía Mariana que discorre dentro dos lindes do concello de Vimianzo, e que se dirixe cara Muxía.
Neste pequeno lugar pode apreciarse unha abundante e variada riqueza patrimonial
AS EIRAS DE BOALLO
Recopiláronse en toda a parroquia un total de 35 EIRAS que, numericamente, por lugares, quedan como segue: Berdoias 8 eiras, Romar 5, Boallo 5, Grixoa 4, A Casanova 4, Pedra do Frade 3, Sta. Cristiña 3, O Rego dos Podres 2 e O Petón 1.
Consérvanse dúas eiras terreas e veciñais (unha en Grixoa e outra na Casanova) pero a gran maioría das da parroquia son eiras empedradas e privadas, de formas: cuadrangulares, circulares, ou mixtas.
Casi todas son de chans enlousados e mesmo en tres eiras, nun exemplo de adaptación ó medio, proveñen de terreos rochosos, aplanados in situ (a eira de Rúa na Casanova, a da Gaia na Pedra do Frade, e a do Varelo en Grixoa).
Os bordos perimetrais de moitas das eiras son sólidos- con máis de 1 m de altura e máis de 0,50 m de ancho- e están compostos por valados de cachotería, completados con lousas en parte da súa cara interior, ou combinados, nalgúns casos, con tramos de antas chantadas no chan.
Dentro das 35 eiras, aínda que hai unhas oito que están incompletas e mais tres moi modificadas, chama poderosamente a atención o máis que aceptable estado de conservación da maioría delas, que aínda seguen a ser protagonistas de espazos máxicos, singulares e únicos.

Intersección

CAMIÑO das CARREIXAS



Camiño das Carreixas

1. Camiño das Carreixas. Via Mariana

Camiiño das Carreixas en Berdoias, tramo empedrado no que, como solución ós problemas de tránsito no inverno, se reserva, nalgún tramo, un paso máis elevado, e polo tanto enxoito, para o paso da xente. As Carreixas aínda conserva tamén algún tramo de empedrado no chan.

a. Pontella das Carreixas no Rego de Berdoias.
POSICIÓN: 43.06124, -9.08555.
Puente

Pontella. Caminho das Carreixas



Camiño das Carreixas , tramo empedrado no que, como solución ós problemas de tránsito no inverno, se reserva, nalgún tramo, un paso máis elevado, e polo tanto enxoito, para o paso da xente. As Carreixas aínda conserva tamén algún tramo de empedrado no chan.

a. Pontella das Carreixas no Rego de Berdoias.
POSICIÓN: 43.06124, -9.08555.

A Pontella rural das CARREIXAS, de 3 ollos , ten de machóns ou piares de apoio unhas antas colocadas de canto en sentido vertical, e que sosteñen os pontillóns que conforman os seu chan.
3.  Muiño do Gandiño
POSICION: 43.06131, -9.08578


Nas beiras do rego de Berdoias e nas doutros regatos, así coma no tramo do río Castro que atravesa a parroquia, atopamos, na actualidade, un total 21 MUÍÑOS hidráulicos, xa ningún deles en funcionamento, e, a maioría, nun estado ruínoso.
Os muíños, esas arquitecturas do pan, uns de propiedade privada e outros veciñais, son construcións de transformación de gran, de muros de cachotería, con teitos de tella ou pedra. Pequenos muíños de río, rego ou de regato, de canle ou de cubo, todos dunha soa moa para moer o millo- tan só había un muìño para moer trigo- e que funcionaban todo o ano, agás os 6 muíños de regato que había, que o facían só nas épocas máis chuviosas.
Polo seu mellor grado de consrvación podemos nomear tres muíños de rego ou de rio: o do Chibarra, o que se conserva máis completo; o do Gandiño e o da Grabiela, os tres a carón do rego de Berdoias, e ubicados moi preto da Vía Mariana.

c. Muíño do Chibarra, O máis completo e mellor conservado de Berdoias

POSICION: 43.0614, -9.0844


d. Muíño da Grabiela
POSICION: 43.06103, -9.08856








Puente

VA PEDROSO



Vao Pedrosobr>a. Pasadoiro de Escada no Va Pedroso. A carón do camiño que vai de Berdoias a Boallo, polo que discorre hoxe a Vía Mariana, moi pretiño da ponte do Va Pedroso e das alvarizas de Francisco, atopamos un singular en enxeñoso pasadoiro que, pola parte do camiño, tén unha estrutura de pedra á que se lle acoplan dous banzos de madeira a xeito dunha escada. E por dentro do valado, o mesmo pasadoiro ten habilitados dous ocos na parede para colocar os pés.

b. A PONTELLa DO VA PEDROSO, no camiño de Berdoias-Boallo, apoiada sobre 6 machóns ou cepas, que son os piares de cachotería que sosteñen os pontillóns lonxitudinais do chan da ponte, e sobre os que se asentan outras pedras irregulares. As cepas ou machóns están apuntados e algo redondeados, sobresaíndo augas arriba para facilitar unha mellor circulación da auga. No medio de cada un dos 5 ollos ou boquetes hai colocadas unhas estreitas laxes verticais para dificultar a posible obstrución no interior da ponte. Aínda así, as fortes enchentes e o abandono na limpeza deixaron danado este importante e singular paso. POSICION: 43.06567, -9.09072. br>Pontella do Va Pedroso, augas arriba e augas abaixo

c. Muiño do Frances
Tl
Muíño do Francés no va Pedroso, en estado ruinoso
POSICION: 43.06643, -9.09018.

d. AS DÚAS ALVARIZAS DE FRANCISCO, en Boallo, construcións ubicadas nun monte, preto do lugar e da ponte do Vao Pedroso, e mesmo a carón da Vía Mariana Luso-Galaica. Unha das dúas alvarizas é cerrada, de planta cadrada, e só conserva en bo estado o seu muro perimetral. A outra alvariza é aberta, de planta en L, e que aínda mantén boa parte das marquesiñas de pedra, esa sucesión de espazos cubertos por laxes pousadas en cepas verticais, e que daban acobillo e proteción ás colmeas.
POSICION: 43.06595, -9.09141.
Alvariza en L, de Francisco, en Boallo
Alvariza cadrada, de Francisco, en Boallo

- Outra Alvariza En Boallo, nunha estrema dunha finca privada que limita coa Vía Mariana. É tamén unha construción aberta, e de planta en L. Na actualidade, en deficiente estado de conservación, pero que aínda se poden apreciar a súa forma e algunhas marquesiñas onde se instalaban as colmeas.










Monumento

Construccións anexas do Pazo



CONSTRUCCIÓNS ANEXAS o PAZO de BOALLO
Na contorna do pazo aínda se conservan unha boa mostra doutras construcións adxectivas:
A carón da fachada principal, no lado oeste, permanecen restos da calzada que discorre cara fóra do lugar; no pinchón sur, leva adosado o edificio dunha tulla; e na extensa finca, no leste do pazo: unha eira, un pozo e un lavadoiro, dous vellos cabazos atlánticos- soneiráns, e os restos dunha capela e dun cruceiro…

* A CAPELA DE SAN ROQUE E O CRUCEIRO, en Boallo, son dúas pequenas arquitecturas, hoxe en estado ruínoso e de abandono, vinculadas ao pazo de Boallo, construído a mediados do século XVII. Da capeliña tan só quedan as paredes. Do cruceiro, unha plataforma escalonada de catro banzos,sobre o que se conserva só o varal: cuadrangular na súa parte baixa, e cilíndrico e acanalado no resto onde hai esculpida unha figura non identificada. Cabe a posibilidade de que a imaxe represente a do bispo San Ildefonso ou mesmo a de San Martiño, xa que calquera dos dous teñen nomes que aparecen na liñaxe desta casa dos Lema de Berdoias.
Varal do cruceiro do pazo de Boallo


* CABAZOS do PAZO

Vellos cabazos soneiráns do pazo de Boallo
Variedade de soneira rústica, cos seus pés curtos e grosos, pouco debastados, o mesmo que as súas capas convexas. Sen testas nas partes estreitas, ten unha cámara conformada por ringleiras de pedras irregulares, moi pouco labradas
Tipo Arco Fisterrán, variedade soneira- rústica


POSICION: 43.06467, -9.09434. br>
* CALZADA do PAZO
Detalle duns tramos de Calzada empedrados en Boallo, a carón do paredón do pazo e do portalón de entrada e saída do lugar
Tramos de calzada en Boallo

br>
* PORTAS e PORTAIS.
PORTALES do PAZO

PORTAIS en Boallo e Berdoias, de entrada e saída do lugar ou de fincas, son accesos de importantes dimensións., moitas veces asociados a pazos e casas fortes. Lugares de paso para a xente, os animais e os carros. En Berdoias e Boallo houbo e aínda hai varios exemplares.

POSICION: 43.06516, -9.09458.
POZOS e FONTES
Pozo e lavadoiro no pazo, en Boallo

POSICION: 43.06467, -9.09434.
T

EIRA do PAZO
T









Castillo

PAZO DE BOALLO



https://www.facebook.com/moncho.gandaramartinez.7
https://www.facebook.com/moncho.gandaramartinez.7/posts/166951224984905
O PAZO DE BOALLO
Encadrado na aldea de Boallo, é unha espléndida casa fidalga de pedra, de 18 m de lonxitude, que se atopa practicamente en ruínas, seguen en pé as paredes de cachotería e de cantería de tamaño irregular.
Na fachada, lado oeste, aínda quedan os restos dunha escaleira de pedra que conduce a un patín cuberto, e que daría acceso ó sobrado.
Na parte posterior do edificio (lado leste) tamén queda unha escaleira de pedra de dous tramos que remata nunha solaina co teito apoiado en 5 columnas.
Na parede norte, sobre parte dun sobrado de grandes lousas de pedra, aínda seguen en pé os restos dunha espléndida cheminea, e dun forno, o máis grande dos da parroquia e con cheminea propia tamén. O tambor cuadrangular deste forno sobresae ó exterior sobre tres columnas (hoxe, quédanlle só dúas).
Na contorna do pazo aínda se conservan en pé unha boa mostra doutras construcións adxectivas: a carón da fachada principal, no lado oeste, permanecen restos da calzada que discorre cara fóra do lugar; no pinchón sur, leva adosado o edificio da tulla; e na extensa finca no leste do pazo: unha eira, un pozo e lavadoiro, dous vellos cabazos atlánticos- soneiráns, e os restos dunha capela e dun cruceiro…
(1) (Berdoias garda memoria sobre a Inquisición, a través desta copla popular que, transmitida polos vellos, chega a nós pola veciña e cantareira Carme da Gelfa:
" A Santa Inquisición murríu / vai cos demos no inferno /
os demonios tan contentos / teñen leña pró inverno")
Desde a segunda metade do século XVI deica finais do século XIX a longa saga fidalga dos Lema señoreou os coutos de Berdoias e Boallo, e incluso os coutos das Edreiras (Zas) e Soesto (Laxe). Despois, as rendas destes territorios remataron sendo outorgadas, no 1887, ós Blanco Rajoy.
PAZO DE BOALLO
https://www.wikiloc.com/outdoor-trails/vieiro-fidalgo-55536374#wp-55536402
PAZO DE BOALLO. Pazo de Martiño de Castiñeira
Tesouros de Berdoias (XXIV)
https://www.quepasanacosta.gal/articulo/vimianzo/tesouros-berdoias-xxiv-vellas-casas-vivenda-i-casa-grande-alonso-lema-ii-pazo-martino-castineira/20201219103955124018.html
https://www.quepasanacosta.gal/media/quepasanacosta/images/2020/12/19/2020121910320050707.jpg

O PAZO DE BOALLO (ALA LOESTE).
POSICION: 43.06467, -9.09434. https://goo.gl/maps/ntJ1pjDcJ9TxFQJk9
Escaleira e solaina no pazo de Boallo (ala leste)
https://www.quepasanacosta.gal/media/quepasanacosta/images/2020/12/19/2020121910320067727.jpg

A LAREIRA DO PAZO
Cheminea grande do pazo, e forno con cheminea propia
https://www.quepasanacosta.gal/media/quepasanacosta/images/2020/12/19/202012191032018052.jpg

FORNO DO PAZO
Boca e bóveda do forno
https://www.quepasanacosta.gal/media/quepasanacosta/images/2020/12/19/2020121910320162634.jpg
Bombo exterior do forno do pazo de Boallo
https://www.quepasanacosta.gal/media/quepasanacosta/images/2020/12/19/2020121910320224998.jpg
Tesouros de Berdoias (X): Fornos Grandes - Fornos Pequenos.
https://www.quepasanacosta.gal/articulo/vimianzo/tesouros-berdoias-x-fornos-grandes-fornos-pequenos/20200912005949121801.html

Tesouros de Berdoias (IX): Os Fornos
https://www.quepasanacosta.gal/articulo/vimianzo/tesouros-berdoias-ix-fornos/20200905091919121648.html







Monumento

Cabazo de Francisco (10 pes)



Con Eira, Cabazo e Forno
Cabazo de 10 pares de Pés. https://www.quepasanacosta.gal/media/quepasanacosta/images/2020/10/03/2020100309310210601.jpg
Entre os estudosos hai coincidencia xeral en subliñar a harmonía dos cabazos coa paisaxe. Mesmo, Xosé María Lema ten manifestado que: “A simple presenza dun cabazo fainos recoñecer unha paisaxe rural galega”.
Cabazos en Boallo e Romar, os máis longos da parroquia, de dez pares de pés. Son os dous da variedade soneira e nos que se poden apreciar diversas solucións construtivas.

https://www.facebook.com/photo.php?fbid=144948877185140&set=a.112450840434944&type=3
Monumento

EIRA do CENTINELA



https://www.facebook.com/moncho.gandaramartinez.7/posts/121901546156540
Con Cabazo e Forno
Eira (https://www.wikiloc.com/outdoor-trails/vieiro-fidalgo-55536374#wp-55536406)
by Turismo de Vimianzo
Moa de moer, muíño circular de man da casa do Centinela en Boallo
https://www.quepasanacosta.gal/media/quepasanacosta/images/2020/08/29/2020082908540978956.jpg
E falando de muíños, non queremos deixar de mencionar ós máis primitivos e antigos dos que se ten coñecemento, tales coma, entre outros, OS MUÍÑOS CIRCULARES DE MAN, ós que os veciños chaman “AS MOAS DE MOER”. Precisamente, nos lugares de Santa Cristiña, A Bouza, Boallo e Petón aínda se conservan un total de 6 exemplares deste tipo.



Upload your waypoints to wikiloc.com → (https://www.wikiloc.com/wikiloc/upload.do)





Monumento

Lacenas de Fernanda



Lacenas (https://www.wikiloc.com/outdoor-trails/vieiro-fidalgo-55536374#wp-55536401)
by Turismo de Vimianzo
Tesouros de Berdoias (XV)
Tesouros de Berdoias (XIV)
Parte interior dunha Lacena de abellas / Parte Exterior dunha Lacena de abellas

Poder achegarmos, con mirada atenta e curiosa, ás lacenas das abellas, esas vellas “tatuaxes” que aínda perviven nas paredes de moitas das nosas arquitecturas rurais, foi toda unha aprendizaxe. AS LACENAS das abellas veñen ser unhas pequenas construcións que permitiron desde moi antigo, e aínda permiten hoxe, que as abellas formasen parte da casa e, xa que logo, cos enxames de abellas na casa ou preto supuxo para os labregos e labregas ter a man a posibilidade de satisfaceren as súas necesidades de mel e cera.
Cando os canteiros costruían as casas-vivenda, e ou outras construcións complementarias da casa coma as cortes, as cabanas, os cabaneis...etc. adoitaban construír tamén nos seu muros uns compartimentos, uns habitáculos para as abellas. Pola súa parte interior viñan ser uns ocos cuadrangulares de ata uns 60 cm de alto, entre 40 cm e 50 cm de ancho, e de fondo o que permitía o grosor da propia parede.
A base do habitáculo, por dentro, vén ser a soleira, unha lousa que adoita sobresair ó exterior como unha repisa ou pousadoiro para as abellas. Nos laterais do interior van dúas lousas que, nalgúns casos, sobresaen polo exterior como abeiros, abrigos coa función de tornachuvias e ou torrnaventos. O oco remata pola parte superior coa tapa, outra lousa que adoita sobresair cara ó exterior coma un topete ou pestaniña coa función tamén de tornachuvias.Finalmente, todo o compartimento queda pechado polo exterior cunha lousa frontal vertical que ten na súa base a piqueira, nalgún caso màis de unha, pequeno buratiño para a entrada e saída das abellas.
Unha vez rematada xa a lacena, esta adoitaba pecharse pola parte interior cunha tampa de madeira, precintada con bosta de vaca polo bordes, e que non se abría ata o momento de facer a castra das abellas: coa retirada da parte dos panais de mel e cera que correspondían



Upload your waypoints to wikiloc.com → (https://www.wikiloc.com/wikiloc/upload.do)

Fuente

Fonte e lavadoiro de Boallo



Fontes e Lavadoiro de Boallo
POSICION: 43.06417, -9.09543
https://goo.gl/maps/AbdkXaEUqoTcM3LM9

Tesouros de Berdoias (XIX)
https://www.quepasanacosta.gal/articulo/vimianzo/tesouros-berdoias-xix-fontes-pozos-lavadoiros-vertedeiros/20201114093107123271.html

- A Fonte e Lavadoiro no lugar de Boallo, a carón da estrada Berdoias- Muxía, pola súa marxe esquerda. Enteiramente de pedra, é unha fonte de cano, restaurada hai uns 40 anos. O picho verte a súa auga nun pequeno estanque que a suministra ao lavadoiro, o recipiente rectangular rodeado de lousas inclinadas para lavar. A auga resultante era utilizada para a rega dos herbales de cada veciño, segundo os turnos acordados.

https://www.quepasanacosta.gal/media/quepasanacosta/images/2020/11/14//2020111409281628352.jpg



Monumento

CASA da SONIA



Con Forno, Pombal e Cabazos
POSICION: 43.06482, -9.09639
https://goo.gl/maps/tWHLzJeUtxBYh6BVA

POMBAL. Tesouros de Berdoias (XVII)

https://www.quepasanacosta.gal/articulo/vimianzo/tesouros-berdoias-xvii-pomboais/20201031092738122968.html
43.06447, -9.09619
https://goo.gl/maps/h3R3a2hpGhnVwVh4A

https://www.quepasanacosta.gal/media/quepasanacosta/images/2020/10/31/2020103109245218079.jpg
Construcións adaptada o terreo empinado, cercano á casa-vivenda.
Son estes pombais, como acontece na maioría, dous corpos cilíndricos, de base circular, e con portas de pequenas dimensións. No pombal de Boallo a medida do seu diámetro interior-4,23 m- coinciden coa altura dos seus muros.
En ambos os dous, os muros son de cachotería, e estaban revocados polo exterior con barro caleado, mellor conservados, neste aspecto, os do de Boallo. O hermetismo dos pombais tan só se rompe cunha porta de reducidas dimensións e cos ocos, de entrada e saída das pombas ubicados enriba do beiril no que rematan os muros.
No interior conservan o conxunto contínuo de nichos de pedra para aniñar as pombas, e tan só no de Boallo conserva unha mesa central rectagular onde se depositaba a comida das pombas.
Interior, nichos do pombal de Boallo. https://www.quepasanacosta.gal/media/quepasanacosta/images/2020/10/31/2020103109244981100.jpg
FORNO

CABAZOS
Pequeno cabazo en Boallo, do tipo Arco Fisterrán, variedade soneira
https://www.quepasanacosta.gal/media/quepasanacosta/images/2020/09/26/2020092609324683045.jpg
43.0649, -9.09605. https://goo.gl/maps/hphTvCUP16wfou357

Tesouros de Berdoias (XII)
https://www.quepasanacosta.gal/articulo/vimianzo/tesouros-berdoias-xii-99-cabazos-da-parroquia-i/20200926093848122176.html

Os cabazos novos da variedade SONEIRA xa teñen, a maior parte, pés troncónicos máis longos, máis estlizados e esveltos; con tornarratos e con capas tamén troncocónicas e delgadas. A cámara ten aspecto hermético, de doelas de diferentes tamaños e superpostas, sen apenas facerse desbastes entre as unhas e as outras para a aireación

Cabazo novo do tipo de arco fisterrán, da variedade soneira, en Boallo

Tesouros de Berdoias (XIII)
https://www.quepasanacosta.gal/articulo/vimianzo/tesouros-berdoias-xiii-cabazos-vellos-cabazos-novos-cabazos-pequenos-cabazos-longos/20201003093304122322.html







Ruinas

CASA do GANDARA



EIRA e CABAZO de 9 PARES DE PES
POSICIÓN: 43.06468, -9.09474. https://goo.gl/maps/7BGH2wmeHtryjstC8
https://www.facebook.com/photo?fbid=144949220518439&set=a.112450840434944

Tesouros de Berdoias (XII)
https://www.quepasanacosta.gal/articulo/vimianzo/tesouros-berdoias-xii-99-cabazos-da-parroquia-i/20200926093848122176.html

Para os estudosos, o cabazo, que está plena e fermosamente integrado na nosa paisaxe, é a construción complementaria máis coñecida e emblemática da casa-vivenda. Un graneiro especializado, perfectamente deseñado para conservar o millo, secalo e gardalo.
Na parroquia localizáronse 99 cabazos, case na súa totalidade de pedra de granito e sobre pés (só hai cinco de ladrillo, e non chega a unha ducia aqueles carentes de pés, entre os que se inclúen o pequeno grupo singular dos cabazos “sen elevación”, coa cámara a rentes do chan).
Integrados na Terra de Soneira e na Costa da Morte, máis do 85% dos cabazos de Berdoias son do tipo ARCO FISTERRÁN, ou tamén denominados do tipo ATÁNTICO ou FISTERRÁN, e que se caracterizan por:
• Seren unhas construcións integramente de pedra (agás portas e teitos).
• Posuíren unhas cámaras de planta rectangular, estreitas, máis ou menos longas e asentadas sobre un número indeterminado de parellas de pés de formas diversas, e coroados estes con cadansúa capa ou tornarratos de forma circular.
• E teren as doelas (bloques de pedra que conforman as paredes) e as físgoas (ventos) das cámaras dispostas horizontalmente polos catro lados: nos costais ou lados longos, e nos penais ou lados estreitos.
A gran maioría destes cabazos do tipo arco fisterrán de Berdoias pertencen ás variedades «rústica» e, sobre todo, á «soneira». Tan só hai unha moi pequena porcentaxe dos de cantaría (variedade «carnota»), e doutras.
Os cabazos da variedade RÚSTICA, posiblemente dos máis vellos, construídos de forma ruda:
• Teñen uns pés grosos, algo redondeados, ás veces simples postes, moi pouco desbastados, asentados directamente no chan ou sobre repisas pouco elevadas; con capas de forma máis ou menos planas e máis ou menos circulares;
• Posúen cámaras moi bastas, sostidas por laxes que van de capa a capa (chamadas «pontes»nos lados costais e «testas» nos lados penais), sobre as que se van superpoñendo cachotes irregulares de pedra moi pouco labrados, e sendo os ventos os buratos resultantes da superposición desas pedras.
• Non adoitan levar pinches ou son moi elementais, nin adoitan rematar con lampións ornamentais.
CABAZO PEQUENO. 43.06459, -9.09492. https://goo.gl/maps/N1hPxQX8ZV1L6YYW9
Tesouros de Berdoias (XIII)
https://www.quepasanacosta.gal/articulo/vimianzo/tesouros-berdoias-xiii-cabazos-vellos-cabazos-novos-cabazos-pequenos-cabazos-longos/20201003093304122322.html

Monumento

CASA do FARRUQUIÑO



https://www.facebook.com/moncho.gandaramartinez.7/posts/121901546156540
POSICION: 43.06491, -9.09483. https://goo.gl/maps/qXabRsGMQ1iBTHdQ6

EIRA. Tesouros da Parroquia de Berdoias (VI)
https://www.quepasanacosta.gal/articulo/vimianzo/tesouros-da-parroquia-berdoias-vi-eira-do-farruquino-lugar-boallo/20200815083910121276.html
https://www.facebook.com/photo?fbid=121899349490093&set=pcb.121901546156540
https://www.facebook.com/photo/?fbid=121899576156737&set=pcb.121901546156540

A EIRA DO FARRUQUIÑO, un espazo arquitectónico rehabilitado, formando un todo: fisicamente unida á casa –vivenda, ó cabanel e á cabana, caso diferente da maioría das eiras da parroquia, que adoitan ubicarse preto das casas pero en espazos separados e independentes delas.
Esta eira do Farruquiño, de pequenas dimensións, ten o chan enlousado e cun bordo sólido de cachotería de 1,20 m de altura.
Moi pretiño dela, algo moi habitual nestes casos, a compañía de vellos cabazos atlánticos ou fisterráns.

CABAZO de 10 PARES de PES
https://www.quepasanacosta.gal/media/quepasanacosta/images/2020/10/03/2020100309310210601.jpg

LACENAS das ABELLAS
lacena de abellas, na cabana da casa do Farruquiño
https://www.quepasanacosta.gal/media/quepasanacosta/images/2020/08/15/2020081508372361328.jpg





Ruinas

PETROGLIFOS DE BOALLO

https://goo.gl/maps/zdZVaazGc4WAPUx6A
PETRÓGLIFOS DA PARROQUIA DE BERDOIAS.. .https://www.quepasanacosta.gal/articulo/vimianzo/tesouros-berdoias-xxvi-prehistoria-petroglifos/20210213100541124978.html . Os petróglifos son eses gravados nas rochas, a maioría de máis de 4000 anos de antigüidade, que forman parte das xoias patrimoniais enigmáticas, e das que, en moitos casos, aínda hoxe se nos fai difícil descifrar o seu fondo significado. Téñense atopado na parroquia, até o de agora, dúas estacións de petróglifos nun monte de Boallo, e outras dúas estacións nun monte de Berdoias, e que tratándose de localizacións en zonas extractivas de pedra é moi posible que outras xoias deste tipo rematasen destruídas. A descuberta das estacións de Boallo e das de Berdoias ocurriron dun xeito moi similar: Polo 1997 un cazador veciño, Manuel Soto Caamaño, localizaba no Outeiro do Recosto, en Boallo, unha estación de petrógifos. Pouco tempo despois, moi pretiño, Roberto Mouzo, un dos nosos mellores estudosos e divulgadores do Patrimonio comarcal, localizaba unha segunda estación, chamada a da Pedra Mosqueira. O colectivo A RULA, adicado á descuberta, investigación e divulgación, entre outras, de manifestacións artísticas tan singulares como son os gravados rupestres, fixo un excelente traballo de investigación dos petróglifos da parroquia de Berdoias. Coa elaboración de fotogrametría en 3D permitíu precisar unha mellor descrición destes gravados, e coas súas fermosas xeiras nocturnas feitas en agosto do 2017 e en xullo do 2018, contribuíu dun xeito decisivo ó seu mellor coñecemento e divulgación. * (A información deste texto e case todas as fotos proceden: da publicación da Rula “Na espiral dos círculos concéntricos” (2019) no que se lle adican os capítulos 11 e 12 ós petróglifos da parroquia de Berdoias.) COLECTIVO “A RULA”. https://colectivoarula.com/category/vimianzo/ https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2019/02/petroglifos-de-boallo-vimianzo.html
Ruinas

Petróglifos de Pedra Mosqueira



Petróglifos de Pedra Mosqueira (https://www.wikiloc.com/outdoor-trails/vieiro-fidalgo-55536374#wp-55536397)
by Turismo de Vimianzo

Composta dunha combinación circular de tres aneis e coviña central, en bastante mal estado de conservación.

Calco de Pedra Mosqueira (do C.A Rula e de Árbore Arqueoloxía e Restauración)
POSICION: 43.06803, -9.09808. https://goo.gl/maps/1HYxuN6ztvaj99kZ9
https://colectivoarula.files.wordpress.com/2018/07/43388265821_60dc8315ec_z.jpg

https://s0.wklcdn.com/image_96/2889607/55536397/37126995Master.jpg

Ruinas

Boallo. Petróglifos do Outeiro do Recoste



Petróglifos do Outeiro do Recoste (https://www.wikiloc.com/outdoor-trails/vieiro-fidalgo-55536374#wp-55536396)
by Turismo de Vimianzo  - A estación do Outeiro do Recoste:

Nun panel de pouco máis dun metro cadrado está esta estación composta por uns gravados de carácter xeométrico: 9 combinacións de círculos concéntricos, de diferentes dimensións e número de aneis, e con coviña central. A pesar dos seus 4.500 anos de antigüidade o seu estado de conservación é bastante bo. Nun extremo do rocha, distínguense tamén un conxunto de 15 coviñas
1997, nos petróglifos de Boallo con Manuel Soto e Roberto Mouzo.
(foto de La Voz de Galicia)
POSICION: 43.06781, -9.09846.
https://goo.gl/maps/gekQrwebdDUkUi1Q7

Calco da Estación do Outeiro do Recosto, en Boallo
https://colectivoarula.com/category/vimianzo/

Patrimonio Galego. Xose Troiano
Este petróglifo responde claramente á tipoloxía de combinacións circulares, o grupo máis característico dos gravados galegos.
Trátase dun petóoglifo composto de varios motivos circulares cadanseu cunha cazoleta e un só círculo. Os máis grandes do conxunto, concretamente dous, son moi parecidos na forma e tamaño, estando composto por catro círculos, unha cazoleta central e un radio que comunica esta co círculo externo ou derradeiro.Os gravados dispóñense sobre unha superficie erosionada e sinuosa de rocha granítica emerxente do chan, e que se empraza ó pé doutras dúas pedras superpostas que lle serven de abrigo pola parte do oeste. A rocha ten unha suave pendente e con orientación ó poñente do sol. http://patrimoniogalego.net/index.php/4395/2011/08/petroglifo-de-boallo/





Sitio religioso

Cruz da Pedra do Frade



AS CRUCES DE PEDRA DO FRADE: unha delas, coa plataforma dun penedo natural, ten como lenda asociada a dun monxe devorado por lobos neste lugar, cando ía de camiño polo monte cara o mosteiro de Moraime.

POSICION: 43.073525, -9.092644. https://goo.gl/maps/uMpxxCezsTamSaVD9

Segundo a tradición popular, este cruceiro fíxose na honra dun frade que se refuxiou infrutuosamente no alto da pedra que se ve na imaxe para evita-lo ataque dos lobos, pero alí foi devorado e sinalouse o lugar cunha cruz que da nome a unha pequena aldea cercana (a cal tamén ten un cruceiro). Atópase ao pe do percorrido da Vía Mariana
Cruz da Pedra do Frade (Roberto Roget)
Segundo a tradición popular, este cruceiro fíxose na honra dun frade que se refuxiou infrutuosamente no alto da pedra que se ve na imaxe para evita-lo ataque dos lobos, pero alí foi devorado e sinalouse o lugar cunha cruz que da nome a unha pequena aldea cercana (a cal tamén ten un cruceiro). Atópase ao pe do percorrido da Vía Mariana
Inclúe "lenda de lobos": Segundo a tradición popular, un frade buscou refuxiarse dos lobos enriba da pedra, infrutuosamente, sinalándose o lugar coa cruz.

Xose Troiano
(http://patrimoniogalego.net/index.php/author/xose-troiano)

http://patrimoniogalego.net/?p=96162/#respond

Tradicion oral: Este cruceiro construiuse a partires da morte dun frade que ia polo caminho real con direccion a Muxia. Ali foi asaltado por uns ladrons que lle deron morte. A partires dese intre, o peton empezou a chamarse "A pedra do Frade".

Cruceiro de tipo "De Cruz" sen plataforma nen pedestal. A cruz e cuadrangular con chafrans e comezando en cadrado. Esta encravada nun peton a beira do antigo caminho real de Vimianzo a Muxia. A cruz e de granito cun estado regular de conservacion.
Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=96162)
Punto de información

Sta Cristina



..(http://www.caminador.es/wp-content/uploads/STA-CRISTINA.pdf)..
Sitio religioso

Cruz de Desgracia



https://www.quepasanacosta.gal/media/quepasanacosta/images/2020/11/28/2020112809451942632.jpg
Sitio religioso

Capela de Santa Cristiña



Patrimonio de Berdoias: Ermidas. Capelas, Cruces, Cruceiros Da Parroquia De Berdoias
..https://www.quepasanacosta.gal/articulo/vimianzo/tesouros-berdoias-xxi-ermidas-capelas-cruces-cruceiros/20201128095015123595.html...

- A ERMIDA DE SANTA CRISTIÑA, en Sta. Cristiña, que se compón dunha pequena nave rectangular e unha capela maior de planta cadrada,. Ten unha fachada de esquema pentagonal e que remata nunha pequena espadana que alberga unha campá procedente, tal como constatou o camariñán Xosé Troiano, do vapor ingles Priam, que naufragou en. 1889 polas illas Sisargas. Esta pequena ermida, a carón dos montes do Faro e de Ogas, ten pretiño unha fonte milagreira, e o seu culto está vinculado ó mundo agrario.
Precisamente, a caron do seu altar hai un oco con terra sagrada que, mediante a realización de determinado rito, é benéfica para os partos e para unhas boas crianzas.
RobertoRoget (RR): Inclúe imaxe da Virxe de Lourdes e fonte milagreira. Romaxe: 24 de xullo. Lenda da "terriña da fertilidade": Cóllese unha saquetiña de terra dunha furna localizada baixo o altar, pendúrase do pescozo dunha femia (animal ou humana) durante nove días para lle curar a infertilidade e despois vólvese a terra ao seu lugar orixinal

FOTOS
..https://www.quepasanacosta.gal/media/quepasanacosta/images/2020/11/28/2020112809454596571.jpg
https://www.quepasanacosta.gal/media/quepasanacosta/images/2020/11/28/2020112809451967822.jpg
https://www.quepasanacosta.gal/media/quepasanacosta/images/2020/11/28/2020112809452160103.jpg
https://www.quepasanacosta.gal/media/quepasanacosta/images/2020/11/29/2020112915575615013.jpg
Cruz de Desgracia, no Camiño de Sta Cristiña
https://www.quepasanacosta.gal/media/quepasanacosta/images/2020/11/28/2020112809451942632.jpg

http://patrimoniogalego.net/index.php/24265/2012/08/capela-de-santa-cristina/#respond
. Esta ermida está formada por uns bós perpiaños de granito que conforman unha pequena nave de planta rectangular e unha capela maior con planta cadrada. A capela ten pola parte sueste un pequeno van rectangular de luz e o seu teito é a dúas augas ao igual ca nave. Esta ten unha porta lateral cunha solaina tamén pola parte sueste. A súa fachada é moi sinxeliña, presentando un esquema pentagonal, no que, situándose sobre un eixo vertical, sucédense a porta de entrada, rectangular e alintelada, unha pequena fornela que dá abeiro a unha maceta de frores e un pequeno van de luz rectangular, rematandoo a cornixa a dúas augas e sobre esta unha pequena espadana dun oco na que vai unha pequena campá coroada por unha cruz de pedra.
Despois da misa solemne da romaxe afinais de xullo, os romeiros levan terra do pé do seu altar para abenzoar as leiras.





Ruinas

Curro de Sta Cristina



Patrimonio de Berdoias: O CURRO DE SANTA CRISTIÑA
CONSTRUCIÓNS DE CRÍA E HABITACIÓN DE ANIMAIS:
https://www.quepasanacosta.gal/articulo/vimianzo/tesouros-berdoias-xviii-curro-santa-cristina/20201107090652123115.html

https://www.quepasanacosta.gal/media/quepasanacosta/images/2020/11/07/2020110709051775347.jpg

Un curro é un espazo ó ar libre cercado por muros de cachotería en seco, de altura variable, un espazo de forma irregular, e onde se gardaban e protexían os rabaños de gando do monte durante a noite. Para estas construcións buscábanse chans resgardados e de certa pendente para facilitar as escorrentías da auga e dos excrementos dos animais.

E tal como así, o curro de Santa Cristiña, ese fermoso cercado, duns seis ferrados de extensión, pechado cun valado de “pedra seca”, loce desde hai séculos no monte que está a carón do lugar. Un espazo de longa historia , xa citado no século XVI polos condes de Altamira, curro onde se gardaba o gando ceibo que andaba polo monte.

Do noso libro de cabeceira: “O CASTELO DE VIMIANZO E OS MOSCOSO DE ALTAMIRA” (Diputación da Coruña 1998, da autoría de Xosé M.ª Lema Suárez e do finado Roberto Mouzo Lavandeira) extraemos foto e este parágrafo completo, das paxs. 48 e 49:
Un documento de 1592 (na época de don Lopo de Moscoso Osorio, V conde de Altamira), danos a coñecer con detalle as obrigas que os vasalos de cada unha das parroquias da xurisdicción de Vimianzo tiñan co señor ó que pertencían as súas vidas e facendas. Esta era unha delas:
… “LEVAR O GANDO CEIBO QUE ANDABA POLOS MONTES ÓS CURROS QUE TIÑA O CONDE EN SANTA CRISTIÑA (BERDOIAS) E CAMELLE, E ALÍ GARDALO”.
O curro, visto desde a entrada do lugar
https://www.quepasanacosta.gal/media/quepasanacosta/images/2020/11/07/2020110709051626738.png
https://www.quepasanacosta.gal/media/quepasanacosta/images/2020/11/07/2020110709051483034.jpg
https://www.quepasanacosta.gal/media/quepasanacosta/images/2020/11/07/2020110709051455604.png
https://www.quepasanacosta.gal/media/quepasanacosta/images/2020/11/07/2020110709051554511.jpg

http://patrimoniogalego.net/index.php/64398/2014/10/curro-de-santa-cristina/#respond
O de Santa Cristina é o único curro que se conserva da vella xurisdición de Vimianzo. Este mailo de Camelle, xa desaparecido, eran os lugares onde os vasalos dos condes de Altamira debían levar o gando que pastaba nos montes.
Recinto ovalado fechado por un muro de cachotería de pedra de granito con portas feitas con táboas de madeira rudimentarias. No seu interior hai un hórreo de sete pares de pés máis unha construción cunha eira.



Ruinas

Eira do Buxán



Con cabana e Cabazo https://www.facebook.com/moncho.gandaramartinez.7/posts/119333183080043
3a. A Eira do Buxán
Con Cabana e Cabazo
Santa Cristiña é un pequeno lugar de catro veciños, o máis septentrional da parroquia de Berdoias, que aínda conserva hoxe unha abundante, variada e ata singular riqueza etnográfica. E dentro dos elementos do seu patrimonio material destaca A EIRA DO BUXÁN na que, acompañada da súa cabana para gardar o gran, aínda loce un chan empedrado con lousas; e un bordo cun valado perimetral feito a base de antas chantadas verticalmente na terra lixeiramente inclinadas cara fóra, e, a súa vez, combinado e reforzado con cachotería nalgún tramo.
https://www.quepasanacosta.gal/media/quepasanacosta/images/2020/08/01/2020080110192613868.jpg

Pero o máis singular e impresionante desta eira circular é a súa ubicación nun espazo elevado, soleado e ventoso, que se atopa enclavado na parte central do Curro de Santa Cristiña, ese fermoso cercado, duns seis ferrados, pechado cun valado de “pedra seca”. Ese cercado de longa historia, xa citado no século XVI polos condes de Altamira, un curro onde se gardaba o gando ceibo que andaba polo monte.

Noutros tempos, nesta mesma eira do Buxán, bestas do monte participaron tamén, co seu pisar, nas mallas do trigo, do centeo e da avea, para separar o gran da palla.

3b. Cabazo do Curro

Ruinas

Eira do Camaño e Cabazo



Tamben Eira do Ginio
Monumento

Eira e Muiño da Vilara



A DO VILARA
Eira. https://www.quepasanacosta.gal/media/quepasanacosta/images/2020/08/22//2020082209595073817.jpg

Cabazo do Vilara

MUÍÑO CIRCULAR DE MAN, da VILARA,
STA CRISTIÑA
https://scontent-mad1-1.xx.fbcdn.net/v/t1.0-9/98172960_133910634955631_5260589447241531392_o.jpg?_nc_cat=108&ccb=1-3&_nc_sid=730e14&_nc_ohc=e5Xp0Y5-NEcAX_qh35P&_nc_ht=scontent-mad1-1.xx&oh=d136ed7b254a28f67894376724bfcc73&oe=6074C834
E falando de muíños, non queremos deixar de mencionar ós máis primitivos e antigos dos que se ten coñecemento, tales coma, entre outros, OS MUÍÑOS CIRCULARES DE MAN, ós que os veciños chaman “AS MOAS DE MOER”.



Monumento

Alpendre do Buxán



ALPENDRE CON LACENAS, CABAZO E FORNO
CONSTRUCIÓNS DE CRÍA E HABITACIÓN DE ANIMAIS (I): AS LACENAS DAS ABELLAS .
https://www.quepasanacosta.gal/articulo/vimianzo/tesouros-berdoias-xiv-lacenas-abellas/20201010102228122485.html
AS LACENAS das abellas veñen ser unhas pequenas construcións que permitiron desde moi antigo, e aínda permiten hoxe, que as abellas formasen parte da casa e, xa que logo, cos enxames de abellas na casa ou preto supuxo para os labregos e labregas ter a man a posibilidade de satisfaceren as súas necesidades de mel e cera.
Cando os canteiros costruían as casas-vivenda, e ou outras construcións complementarias da casa coma as cortes, as cabanas, os cabaneis...etc. adoitaban construír tamén nos seu muros uns compartimentos, uns habitáculos para as abellas. Pola súa parte interior viñan ser uns ocos cuadrangulares de ata uns 60 cm de alto, entre 40 cm e 50 cm de ancho, e de fondo o que permitía o grosor da propia parede.
A base do habitáculo, por dentro, vén ser a soleira, unha lousa que adoita sobresair ó exterior como unha repisa ou pousadoiro para as abellas. Nos laterais do interior van dúas lousas que, nalgúns casos, sobresaen polo exterior como abeiros, abrigos coa función de tornachuvias e ou torrnaventos. O oco remata pola parte superior coa tapa, outra lousa que adoita sobresair cara ó exterior coma un topete ou pestaniña coa función tamén de tornachuvias.Finalmente, todo o compartimento queda pechado polo exterior cunha lousa frontal vertical que ten na súa base a piqueira, nalgún caso màis de unha, pequeno buratiño para a entrada e saída das abellas.
Unha vez rematada xa a lacena, esta adoitaba pecharse pola parte interior cunha tampa de madeira, precintada con bosta de vaca polo bordes, e que non se abría ata o momento de facer a castra das abellas: coa retirada da parte dos panais de mel e cera que correspondían.

Tampa de madeira que pecha a lacena ata o momento da castra

Panais que se deixan na lacena para alimentación das abellas
INICIO

CONSTRUCIÓNS DE CRÍA E HABITACIÓN DE ANIMAIS: AS LACENAS DAS ABELLAS EN BERDOIAS (e II)
https://www.quepasanacosta.gal/articulo/vimianzo/tesouros-berdoias-xv-lacenas-abellas-ii/20201017093609122636.html
Partes das Lacenas
OS SOPORTES.
os TOPETES
ás FRONTES
As PIQUEIRAS, pequenos buratos de entrada e saída das abellas
Pousadoiros ornamentados, en Grixoa e Sta. Cristiña.
OS POUSADOIROS. lousa que fai de soleira e que sobresae ó exterior formando un pousadoiro para as abellas
https://www.quepasanacosta.gal/media/quepasanacosta/images/2020/10/17/2020101709304946496.png







Ruinas

Cabazos de Aurora

Punto de información

Pedra do Frade



....(http://www.caminador.es/wp-content/uploads/Pedra-do-Frade.pdf).... De vellas casas-vivenda, aínda se manteñen en pé: o Cuberto e a casa da Gaia; a casa de Estrella, onde se facían as panilladas e os bailes; e a vella casa do Chivante (hoxe, do Vilariño), xa sen cuberta.

- De construcións de transformación do gran, 2 eiras: a eira circular da Gaia, e a que forma parte da casa do Chivante.
O grande e fermoso forno da Gaia, no Cuberto da propia casa.

- De construcións de almacenamento de gran: ten 5 cabazos, de tipo do arco atlántico, variedade soneira. Hai un cabazo sin elevación “sen pés.”

- De construcións de cría e habitacións de animais conserva 1 lacena de abellas, hoxe reconvertida, situada nunha das paredes da vella casa da Gaia.

- De construcións de relixiosidade tén dúas cruces: unha, cruz da Pedra do Frade, con lenda, nas aforas do lugar; e outra, no mesmo núcleo.




Ruinas

EIRA da GAIA



https://www.facebook.com/moncho.gandaramartinez.7/posts/117105599969468

https://www.quepasanacosta.gal/articulo/vimianzo/tesouros-da-parroquia-berdoias-iii-eira-rua-eira-da-gaia/20200725093141120858.html
A Eira da Gaia está na Pedra do Frade, un pequeno lugar da parroquia, ubicado moi pretiño da VÍa Mariana Luso- Galaica.
Nas súas aforas, e mesmo a carón, está esta xoia: Unha pequena eira circular que se nos ofrece á vista tal que un “anel encantado”.
O chan, nunha perfecta adaptación ó medio no que se ubica, está feitos aproveitando in situ o terreo rochoso: o chan da de Gaia, procedente de tres laxes naturais aplanadas.
Os bordos, valados perimetrais, son de pouca altura e de cachotería
Velaquí un exemplo de arquitectura do pan que, por propia vontade dos seus donos, aínda perdura esplendidamente no tempo, ocupando un espazo solleiro e ventoso, porque o sol e o vento foron e son sempre imprescindibles para calquera boa eira.
De planta circular, con chan empedrado e co bordo perimetral de cachotería
POSICION: 43.075005, -9.082637. https://goo.gl/maps/osaCzg7E83csg9Up9
https://www.quepasanacosta.gal/media/quepasanacosta/images/2020/07/25//2020072509272284089.jpg
https://www.quepasanacosta.gal/media/quepasanacosta/images/2020/07/25//2020072509272367842.jpg
Ruinas

Casa da Estrella



Casa da Estrella
(https://goo.gl/maps/rxPQyukhqpoauMKx5).
POSICION: 43.074667, -9.083000

“Onde se facían panilladas e bailes, noutros tempos”.

(https://images.app.goo.gl/FSRE7KJmYYJaEzjz8 )
O encaixe de panillos- noutros lugares, tamén chamados palillos- é unha das artesanías máis coñecidas da Costa da Morte., creado polas mans habilidosas de mulleres, entrelazando panillos e fíos sobre unha almofada, seguindo un patrón, e cun son rítmico moi característico. En moitas aldeas, as mulleres adoitaban xuntarse para panillar, as panilladas, o que supoña un pequeno complemento para a economía familiar. As panilladas eran uns espazos de traballo, socialización, e tamén de lecer. “Onde había panilleiras había cantareiras”. Na Casa de Estrella, na Pedra do Frade; ou na da Chasca, en Grixoa, son bos exemplos, non só eran espazos para panilladas,senón que tamén de celebración de bailes a ritmo
Ruinas

Pasadoiro de Escada



UN PASADOIRO DE ESCALÓNS na Pedra do Frade, do tipo máis común, só para pasar a xente, e que se compón duns escalóns feitos con pedras que sobresaen do muro, e polo que soben en diagonal.

https://www.quepasanacosta.gal/media/quepasanacosta/images/2020/12/12/2020121209290626025.jpg
Monumento

Casa da Gaia. Cuberto, Forno e Lacena



c. Forno https://www.youtube.com/watch?v=ARermaGLsJ0
Bombo Exterior. BOMBO EXTERIOR DO FORNO DA CASA DA GAIA, na PEDRA DO FRADE ( Berdoias)
https://www.facebook.com/photo?fbid=136996791313682&set=a.112450840434944
Boca do Forno
https://www.facebook.com/photo?fbid=140388467641181&set=a.112450840434944
Boca do Forno
FORNO DA CASA DA GAIA na Pedra do Frade
(1,35 m diámetro interior / 1,40 m altura)
INICIO
Tesouros de Berdoias (IX) https://www.quepasanacosta.gal/articulo/vimianzo/tesouros-berdoias-ix-fornos/20200905091919121648.html
Como é ben sabido, o forno de cada casa rural é o lugar onde se pon fin ó longo e laborioso proceso produtivo do pan, que vai desde a sementeira ata a colleita do cereal, pasando pola malla do trigo e do centeo na eira e pola esfolla do millo, e o almacenamento dos dous primeiros cereais nas tullas ou huchas da cabana e do segundo no cabazo, e despois coa transformación pola moenda dos grans no muíño para obter fariña. O proceso final viría co amasado e a cocción do pan.
O forno é unha pequena arquitectura circular abovedada, de pedra ou combinando pedra e ladrillo, e cun diámetro interior que oscila, na maioría dos casos, entre 0,70 m e 0,90 m. Na parroquia tamén os hai de máis de 1,00 m de diámetro, chegando ata 1,50 m o máis grande.
A súa presencia estaba xeneralizada, en casi todas as casas rurais da parroquia había un forno- nalgúns casos, dous- ubicados, as máis das veces, na cociña, a carón da lareira
Tesouros de Berdoias (X) https://www.quepasanacosta.gal/articulo/vimianzo/tesouros-berdoias-x-fornos-grandes-fornos-pequenos/20200912005949121801.html
Estas pequenas arquitecturas, complementarias das casas-vivenda, eran de composición delicada e complexa xa que a súa construción requería coñecementos, cálculos axustados, materiais axeitados, non só para o seu basamento e cimentación senón tamén, sobre todo, para a súa cámara abovedada que asegure unha óptima cocción, e mesmo para o seu bombo exterior, que teña un bo e imprescindible illamento.
Os fornos eran os protagonistas finais do pan de cada día, os lugares onde remataba o longo e labarioso proceso produtivo do millo, do trigo, do centeo...
E se foron protagonistas, xa non digamos o de testemuñas de moitas historias nacidas ou contadas noutrora a carón das lareiras.

d. Lacena das Abellas
https://www.quepasanacosta.gal/media/quepasanacosta/images/2020/10/17/2020101709305163660.jpg

e. Cuberto e casa da Gaia
POSICION: 43.074805, -9.083297
https://goo.gl/maps/42cHHXrV2JwQcV1SA



Ruinas

Cabazo da Virtudes



4. Cabazo da Virtudes. 43.074611, -9.084444. https://goo.gl/maps/3q3uzC8gMr3nZDch7
Sitio religioso

Cruceiro da Pedra do Frade



Catalogouno Xose Troiano (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/xose-troiano) o 05-08-2012
(http://patrimoniogalego.net/?p=23138/#respond))

Cruceiro de tipo Cruz con plataforma cadrangular de formigón. O pedestal é unha pedra cunha forma parecida cúbica, tosca, sen labrar. O varal é octogonal empezando en cadrado que leva un capitel figurado e a súa cruz octogonal formando todo un nunha peza. Agás a plataforma todo o cruceiro é de granito cun estado de regular a malo de conservación.
Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=23138)
http://patrimoniogalego.net/wp-content/files_mf/cache/th_d9631e1bf83dbd91a546ee14ac2a0255_IMG_2356-FILEminimizer.jpg
Ruinas

CASA do CHIVANTE



Hoxe casa do Vilariño 43.074694, -9.085103. https://goo.gl/maps/7nNw8soq3vKjM1yt9



Ruinas

Cabazo do Manchilo



8. Cabazo do Manchilo. POSICION: 43.074083, -9.084583 https://goo.gl/maps/yVgeJfdmr4RqP1zy8
Ruinas

Cabazo da Esperanza



7. Cabazo da Esperanza. POSICION: 43.074495, -9.083944. https://goo.gl/maps/CztYWLXqxHC89zgM6
Punto de información

A Bouza



..(http://www.caminador.es/wp-content/uploads/A-Bouza.pdf)...

Dentro do patrimonio material deste lugar podemos mencionar:
- En canto a construción de cría e habitación de animais conserva 3 lacenas de abellas.
- No tocante a construcións de almacenamento de gran, un total de 12 cabazos, practicamento todos eles do tipo de arco fisterrán ou atlántico, e a maioría, da variedade “soneira”.
Pero o aspecto máis singular deste lugar está nos exemplares de cabazos da variedade “rústica”: a parella de vellos cabazos rústicos do Vilariño, e o trío de vellos cabazos rústicos do Ardeiro, dous deles son cabazos “sen elevación”, sen pés.
Monumento

Cabazo do Gancho



Cabazo do Gancho. 43.071024, -9.084145. https://goo.gl/maps/99gKTQagN35QfJPV9
Ruinas

Cabazo da Esperanza

Ruinas

Parella de Cabazos do VILARIÑO



Cabazos do Vilariño 43.070230, -9.084151. https://goo.gl/maps/4cfksoW9UnhtCfmv5
VIDEO Os Vellos Cabazos da Bouza
https://youtu.be/I4F9fk7s874
elixiovieites
Conxunto de dous hórreos de estilo fisterra feitos a base de perpiaño irregular. Son de pequeno tamaño en relación a maioría que se poden ver pola zona, cunha lonxitude de tan só catro metros aproximadamente. Destacan ademais polo basto remate construtivo da cámara e sobre todo na configuración dos pés e tornarratos.
http://patrimoniogalego.net/index.php/95099/2017/06/horreos-na-bouza/#respond



Ruinas

Cabazo da Pilara



Cabazo da Pilara (4 pés) e do Gancho (1 pé).
43.070306, -9.084694. https://goo.gl/maps/zS3XE7v24MDzPL7p8
Ruinas

Cabazos e Lacena do HERDEIRO



Cabazos e Lacena do Herdeiro 43.070085, -9.083588 https://goo.gl/maps/eZ8bS7Xti1KrXKdh7

O trío de vellos cabazos rústicos do Ardeiro, dous deles son cabazos “sen elevación”, sen pés.
Dous Cabazos sen elevación do Herdeiro

Lacena do Herdeiro
Cabazo e Lacena do Herdeiro 43.069988, -9.083474. https://goo.gl/maps/q8UH88SCvjFeW5aV8





Monumento

Cabazo + Eira de Leandro



Eira e Cabazo do Leandro. 43.069421, -9.084731. https://goo.gl/maps/mw5fi2YD3mjHoWNL6

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta