pcmontexalo

pcmontexalo

79

A Peña Ciclista Monte Xalo é unha asociación deportiva sen ánimo de lucro, que nace no nadal de 2011, na comarca de As Mariñas de A Coruña, concretamente xéstase en Cecebre, concello de Cambre.

Nace coma Peña Ciclista e acollida á Federación Galega de Ciclismo por que o ciclismo na súas distintas modalidades é o deporte común dos seus 9 socios fundadores, pero que tamén practican outros como carreira, sendeirismo, natación, barranquismo, ..., e que dende logo están dispostos a apoiar e promover moitos máis.

Cando dicimos "apoiar e promover" queremos dicir crear un entorno favorable, onde se encontren medios (os dispoñibles) pero sobre todo apoio para que os socios poidan desenvolver as súas actividades deportivas.

Nace ca filosofía de promover o deporte como modo de vida saudable e divertido.
Na Peña Ciclista Monte Xalo creemos que o deporte ten que ser divertido por que pensamos que senón, non pode ser saudable e si non fose saudable non sería deporte. Así con esta pequena reflexión, atopámonos avogando por unha volta ós valores éticos do deporte, mais alá de resultados competitivos por riba das ribalidades que non señan puramente deportivas e apostando polas relacións humanas en entornos socialmente saudables.

Miembro desde mayo 2014