Concello de Folgoso do Courel

Concello de Folgoso do Courel

388

O concello de Folgoso de Courel atópase ao sur da provincia de Lugo. O río Lor divide en dous o concello, que esta rodeado polas serras do Courel, o Rañadoiro, a Trapa e os Montes de Lóuzara. A paisaxe caracterízase polos múltiples e encaixados vales fluviais e as cimas dos montes que delimitan o seu territorio, acadando os 1641 metros de altitude no pico Formigueiros.
Este municipio conta cunha ampla tradición sendeirista e de todos os sendeiros existentes fixemos unha selección daqueles con maior interese paisaxístico e histórico.

Varios dos sendeiros están homologados pola Federación Galega de Montañismo, e están perfectamente sinalizados. Para percorrer as rutas non homologadas é preciso facerse coa cartografía adecuada ou empregar un GPS. Na web do Concello ou no seu perfil de Wikiloc atoparedes tódolos datos para o GPS, fotografías e máis información de cada unha das rutas.
O sendeirismo é unha actividade deportiva que implica certos riscos, e para a que é precisa unha preparación e material adecuados, especialmente nas rutas de montaña que poden alcanzar os 1600 m.

Se atopades calquera deficiencia nun sendeiro, queredes darnos a vosa opinión ou compartir fotografías dunha ruta, non dubidedes en facelo enviándonos un correo electrónico a: [email protected]

Miembro desde septiembre 2016