Dificultad técnica   Fácil

Tiempo  6 horas 48 minutos

Coordenadas 1209

Fecha de subida 9 de marzo de 2011

Fecha de realización marzo 2011

-
-
763 m
443 m
0
4,3
8,5
17,06 km

Vista 4453 veces, descargada 71 veces

cerca de Borquería, Galicia (España)

Ruta feita a partir da información de Serra do Calamouco, nesa páxina teñen información detallada da ruta, inda que o track ten algunhas diferencias con respecto á descrición da mesma. Hai algunhas marcas e carteis na ruta pero son moi poucas, vén marcado como PR-G 3, pero non aparece nos catálogos.
A ruta sae dunha curva despois de Borquería, hai sitio para aparcar varios vehículos. Sube por un camiño enlamado ata que se desvía á dereita e chega a Muñez (1,2km), unha aldea abandonada. Baixa para atravesar o regueiro do Bou e segue pola pista sen desviarse ata que chega a un cruce enfronte dunha torre de alta tensión (1,4km) onde se toma o desvío á esquerda para ir á aldea de Monel que se pode ver desde alí. O lugar onde está a torre de alta tensión chámase O Castro, pero resulta difícil apreciar algún resto.
A pista baixa ata atravesar o rego do Calamouco por unhas táboas e sube á aldea de Monel (1,7km) que hai que atravesar en subida. Ao chegar arriba da aldea hai que xirar primeiro á esquerda e logo no depósito de auga cara á dereita pola pista ancha en subida. Hai un sinal de sendeirismo no depósito.
Segue por esa pista en subida continua pero suave pola crista ata chegar á estrada LU-P-0703, que non ten apenas tráfico (2,7km). Alí un par de frechas de madeira informan da dirección cara a esquerda a Vilar de Frades (2,8km). Xusto enfronte da rúa de entrada ao pobo tómase o camiño cara á esquerda. A partir de aquí a ruta segue pistas forestais nas que resulta moi importante seguir o track do gps. Finalmente acaba desembocando de novo na aldea de Muñez (5,7km) desde onde en 15 minutos se chega de novo ao punto de partida.
A ruta non ten complicación salvo a distancia (case 17 km), xa que non hai nin pasos difíciles, nin vexetación que impida o avance nin grandes desniveis. Pode haber certa complicación coa auga nas corredoiras no tramo ata Monel.
En varias zonas, sobre todo na volta despois de Vilar de Frades, hai unha vista moi fermosa da serra dos Ancares e dos vales dos ríos Navia e Narón.

Feita en marzo de 2011 por Marcos, Jesús e Jose

Outras rutas de Becerreá:
Ruta de Quintá e río Donsal


Outras rutas de Ancares:
De Piornedo a Pico Lanza por Vilarello,
Tres Bispos,Trapa,Brego e Cabanavella,
De Piornedo a Suárbol polo monte de Acevais
Circular Porto Ancares-Miravalles-Balouta
Circular Burbia-Vedual

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta