• Foto de RUTA ÁS BEIRAS DO ULLA
  • Foto de RUTA ÁS BEIRAS DO ULLA
  • Foto de RUTA ÁS BEIRAS DO ULLA
  • Foto de RUTA ÁS BEIRAS DO ULLA
  • Foto de RUTA ÁS BEIRAS DO ULLA
  • Foto de RUTA ÁS BEIRAS DO ULLA

Dificultad técnica   Moderado

Coordenadas 500

Fecha de subida 29 de abril de 2011

Fecha de realización abril 2011

-
-
148 m
34 m
0
6,0
12
24,01 km

Vista 5210 veces, descargada 162 veces

cerca de Vea, Galicia (España)

Unha ruta circular deseñada polo Concello de Teo que ten como protagonistas o río Ulla e os seus afluentes teenses: o río Pereiro e o Santa Lucía. A andaina percorre pola parte Sur do Concello con pequenas incursións nos Concellos de Vedra e A Estrada (xa en Pontevedra). A ruta comeza e finaliza na área recreativa do Xirimbao, no couto de pesca de Couso, ó pé da famosa ponte colgante chamada Mariola.
A ruta permite coñecer o fecundo patrimonio relacionado cos ríos e coa agua, coma as pontes (Pontevella de Pontevea, Ponte Pedreira, Xirimbao) e pontellas (Pontillón, Abuín, Ponte da dorna), muiños (Piñeiro, Freixeiro), pesqueiras (Freixeiro) etc... pero tamén visitar dous pazos de gran valor patrimonial, o Pazo de Astaríz, en Noceda na parroquia de Santa María de Teo, e o pazo de Maíndo, na parroquia do Couso no Concello da Estrada.
Ó longo da ruta o sendeirista pode apreciar bos exemplos do patrimonio relixioso do Concello teense coma a igrexa de San Cristovo de Reis que aínda conserva algúns vestixios da primitiva construción románica na súa ábsida rectangular, pero tamén mostras da arquitectura popular espallados por todo o percorrido como os cruceiros, lavadoiros, fontes etc. Todo mesturado coas fermosas paisaxes ás beiras dos ríos coas vistas do Pico Sacro e os castros de Lucí e de Santa Marta que nos acompañan por boa parte da ruta.
Salientar tamén que a andaina atravesa espazos naturais protexidos coma a carballeira de Agromaior e a conca do Ulla (red natura 2000) e áreas de lecer coma a da Burga de Xermeade (fonte de augas sulfurosas) e a sinalada área do Xirimbao á beira do Ulla.
Nota: Consultade a apertura da ponte colgante(Couto do Couso).

Ver más external

1 comentario

  • Foto de OFG4

    OFG4 10-nov-2016

    Hola Paraisa, me puedes indicar el tiempo efectivo q empleaste en realizar la ruta?. Gracias.

Si quieres, puedes o esta ruta