Dificultad técnica   Moderado

Tiempo  6 horas 15 minutos

Coordenadas 2161

Fecha de subida 26 de febrero de 2017

Fecha de realización febrero 2017

-
-
1.231 m
963 m
0
3,9
7,8
15,58 km

Vista 277 veces, descargada 2 veces

cerca de Gavieira, Viana do Castelo (Portugal)

Cando no mes de Maio os pasteiros escaseaban, era costume subir o gando cara aos cumios da Serra da Peneda ata que a climatoloxía tornábase máis fría, a finais de Agosto ou Setembro, tendo por entón o regreso as zonas máis baixas. Estas zonas de pasto, con auga dalgunha fonte ou regueiro, eran chairas delimitadas por valados baixos feitos con pedras.

Na Peneda os chouzos para recollerse o gando e máis os pastores reciben o nome de "brandas", facéndose a subida e logo a baixada con paradas en brandas intermedias, usándose estos acubillos cando o tempo era adverso.

Cada branda dispuña de agrupamentos de máis de unha ducia de cortellos, espallados e acoutados por un recinto chamado "a becerreira". As construcíóns estaban cubertas por unha falsa cúpula moi basta e con un interior de pouca superficie útil, mais hai hai algunha que dispón de dous pisos con entradas separadas; enriba dormía o pastor e embaixo acubillábase o gando.

As brandas tamén podían ter casas e leiras onde se cultivaba o feo, o centeio e a patata, constituindo deste xeito pequenas aldeas onde a xente moraba de Maio a Setembro.

Algunhas brandas de cultivo transformáronse co tempo en aldeas con residencia permanente, como São Bento do Cando, onde nós comezaremos o percurso. As de Bosgalinhas, Junqueira e Gorbelas -tamén no noso circuito- son cultivadas e habitadas no verán e a branda do Poulo da Seida -asemade visitada por nós- ten un uso só estacional no estío como pasteiro, sen zona de cultivo e con chouzos de pedra, con ausencia de casario.

Ver más external

1 comentario

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 27-feb-2017

    Aconsello facer o roteiro no sentido contrario as agullas do reloxo, deste xeito teremos unhas vistas panorámicas engaloiantes do macizo da Peneda ao baixar desde a branda da Seida cara a de Gorbelas. Faremos así tamén ao principio un treito sen moito encanto que vai pola pista de terra que delimita o Parque Nacional, eso sí, albiscaredes un grandioso foxo do lobo nas abas de en fronte.
    Pasada a branda de Gorbelas, indo cara a de Junqueira, atoparedes que ao virar a esquerda o sendeiro semella desaparecer no medio das xestas. Son uns 50 metros ata outro camiño ben limpo.

Si quieres, puedes o esta ruta