Dificultad técnica   Fácil

Coordenadas 1727

Fecha de subida 19 de abril de 2017

Fecha de realización abril 2017

-
-
538 m
335 m
0
4,2
8,3
16,68 km

Vista 153 veces, descargada 13 veces

cerca de Rebordelo, Galicia (España)

Un foxo do lobo é unha construción adicada a dar caza a este animal nunha batida comunitaria que consistía en espantalo cara a uns muros altos de pedra que iban converxendo ata rematar nun profundo burato no chan, no que finalmente caía o depredador do gando. Os foxos están extendidos por todo o noroeste de España e tamén háinos en Portugal e no caso concreto de Cotobade existen dous, visitando nós o que se atopa entre as freguesías de Carballedo e Corredoira.

O noso percorrido irá polo sendeiro marcado como Foxo do Lobo, cunha ampliación da andaina xa que sairemos da área de lecer de Pozo Negro. Se facemos o traxecto no sentido contrario as agullas do reloxo, da praia fluvial de Pozo Negro encamiñámonos a igrexa de San Martiño de Rebordelo, que aínda conserva a cabeceira románica do século XII, con casa reitoral ao seu carón. Pasado Soutolongo, entramos n´Os Martices coa súa carballeira e capela de San Brais. Internámonos deseguido nunha fraga con corredoiras que levan ata as aldeas abandonadas de O Sabugueiro e Arufe.

Baixamos as beiras do río Almofrei, cheo de pontellas que comunican as súas bandas e con antigos muíños movidos polas súas augas e atravesada a engaloiante ponte de medio punto de Serrapio a congostra sobe procurando o foxo do lobo, mergullado nunha acolledora carballeira.

Facemos o retorno de novo ao Almofrei para folgar ou bañarse na área de lecer de A Chan, con muíños, mesas e piscina. O camino d´As Barcias enfila cara o final do roteiro, ollando os muíños Suas Veigas e dos Milagres, cunha pequena praia, xa as beiras da piscina de Pozo Negro, onde rematamos.

Ver más external

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta