Dificultad técnica   Fácil

Coordenadas 1584

Fecha de subida 11 de mayo de 2017

Fecha de realización mayo 2017

-
-
757 m
488 m
0
3,7
7,4
14,9 km

Vista 88 veces, descargada 3 veces

cerca de Cachafeiro, Galicia (España)

Fai bastantes anos que este sendeiro foi homologado coma PR-G 113 e afortunadamente segue marabillándonos polos seus abondosos encantos arredor dun río Lérez no seu treito alto que baixa en compaña dun bosque de galería espléndido, con muíños fariñeiros e batáns movidos polas súas augas e tamén pontes e pontellas que ligan as súas beiras. Como senlleiro colofón rematamos a nosa andaina no Mosteiro cisterciense de Santa María a Real de Aciveiro.

O máis indicado é comezar o roteiro no lugar de Gaxín, na parroquia de Forcarei e facer o percorrido a contracorrente do Lérez, que aínda que supoña un chisco máis de esforzo veredes de fronte as brincadeiras augas do río. Logo dunha baixada entre carballos acadamos xa o Lérez, que atravesamos pola ponte medieval con arco de medio punto de Gomail, e desde aquí non tardaremos moito en abraiarnos coa fervenza do rego Sorribas na súa desembocadura.

Apenas pasada a ponte de Forcarei está a reliquia do Batán da Ponte, inxeño que se utilizaba antigamente para compactar a lá da roupa e as mantas mediante dous mazos que a batían. Deseguido unha área de lecer, algún muíño e outro batán entre verdes pradaríos. Entre Ponte Maril -ao carón do campamento xuvenil da Xunta- e a Ponte do Crego, máis muíños unidos polo sendeiro de pescadores a sombra de amieiros, salgueiros e sabugueiros.

Na área de lecer da Ponte do Crego podemos refrescarnos nunha fonte de auga potable para continuar ata outra ponte,a da Carballa, que nos da paso a unha vizosa carballeira, naturalmente.

Un camiño empedrado, que sobe entre a arboreda, continúa na parte alta por camiños de monte, sendo esta a porción do recorrido que se afasta das orelas do río Lérez, que axiña retomamos na medieval Ponte Vella de Andón.

Augas enriba temos que atrevesar con decisión por unhas poldras que nos poñen no outro bordo do río, e entre pontellas e muíños chegamos ao Mosteiro de Aciveiro que conta cunha igrexa románica do século XII e fachada barroca do XVIII, erguido nas abas do monte Candán onde ten o seu nacedoiro o Lérez.

Ver más external

1 comentario

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 13-may-2017

    Xa que o roteiro é lineal, o retorno pódese facer en algún taxi de Forcarei. O custo da carreira está polos 12 euros.

Si quieres, puedes o esta ruta