Dificultad técnica   Moderado

Tiempo  8 horas 21 minutos

Coordenadas 1669

Fecha de subida 25 de mayo de 2017

Fecha de realización mayo 2017

-
-
848 m
240 m
0
4,2
8,5
16,95 km

Vista 100 veces, descargada 4 veces

cerca de Forcas, Galicia (España)

O río Mao no seu treito final, para desembocar no Sil, flúe entre encaixados paredóns que conforman un estreito canón e ao seu arredor vaise artellar este roteiro, que sendo circular podemos comezalo en varios sitios, como pode ser a Fábrica da Luz -acceso só para coche- ou ben na aldea de A Miranda -con entrada apta para autobús-.

Aconsello facer o percorrido no sentido das agullas do reloxo por ser as subidas máis levadeiras e tamén ver de fronte os pequenos caedoiros do Mao. Se empezamos n´A Miranda irémonos atopando cos seguintes puntos de interese (información sacada dos carteis da rota):

-San Lourenzo de Barxacova.

É una aldea típica da Ribeira Sacra, asentada sobre una terraza, con casas abertas con corredor, e rodeada de cultivos en bancais. Os seus poboadores explotan a castaña e a uva como principais produtos da terra. As ladeiras inclinadas foron modificadas, formando terrazas ou socalcos, para aumentar a superficie aproveitable de terreo.

-Río Mao.

Tamén chamado río Vello, nace ao pé da Serra de San Mamede para desaugar no río Sil, en pleno corazón da Ribeira Sacra. "De variado e impresionante curso" en palabras de Otero Pedrayo, o río Mao conforma un fermoso val encaixado que transcorre por unha paisaxe espectacular antes da súa unión co Sil en Barxacoba. Por el, no dicir dos ambientalistas Leiro e Daporta, "gabean carballos, cerquiños, érbedos, bidueiros e algún castiñeiro de gran talla. Para gozar de fermosas e espectaculares vistas, do xogo da auga e da pedra nos numerosos rápidos e fervenzas, das cores do bosque e de elementos de interese histórico". Na documentación medieval aparece sempre como río Malo, que designa un río de mal paso, isto é, difícil de cruzar pola súa xeografía quebrada e abrupta.

-Fábrica da Luz e a Canle Vella.

A Central Vella, reconvertida hoxe no albergue da Fábrica da Luz, é unha das primeiras infraestruturas hidroeléctricas de Galicia, edificada entre os anos 1914 e 1916. A Canle Vella construiuse para canalizar a auga procedente do Mao e conducila á central hidroeléctrica. Esta obra converteuse no seu momento nun fito tecnolóxico, social e arquitectónico na zona. Foi construida pola empresa "La Gallega", pasando posteriomente a ser propiedade de Unión Fenosa. A súa construción deu ocupación a un gran número de veciños de parroquias da zona, e estivo en funcionamento ata ben entrado o século XX. Caeu en desuso trala construción da Canle Nova, que sirve a nova central hidroeléctrica. No ano 2011 o concello de Parada de Sil recuperou este patrimonio industrial para convertelo nun lugar de ocio e formación. Hoxe en día conta cun albergue, cantina, centro de exposicións e facilita actividades de formación ambiental e turismo activo.

-Necrópole de San Vítor.

A necrópole medieval de San Vítor de Barxacova é un impresionante conxunto de 56 sepulturas antropomórficas rupestres, o meirande conxunto do noroeste peninsular, datado entre os séculos IX e X. Sitúase nas ribeiras do río Mao, preto xa da desembocadura no Sil e orientada ao nacente. Desde aquí domínase unha ampla panorámica de ambos ríos e podemos acceder a unha peneda de 4 metros de altura colgada na ladeira, onde se levantou unha capela, e un afloramento granítico no que se atoparon as tumbas, unha inscrición visigótica e un forno para a fundicíon de campás. Ata o ano 2010 só estaban a vista tres tumbas e o lugar da antiga capela, polo que se pensaba que era un lugar de retiro de eremitas. No 2010 realizáronse estudos arqueolóxicos e se descubriron mais tumbas antropomórficas escavadas na rocha. Segundo a tradición oral, no lugar enterrábanse os defuntos da parroquia de San Lourenzo de Barxacova, de Forcas e os do lugar de Ivil, na parroquia de Padromao.

-Cova dos Mouros.

Neste lugar, coñecido coma Covas dos Mouros, apareceu en 1905, durante as obras da Canle Vella, a fermosa espada de Forcas (conservada hoxe no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense). Trátase dun excepcional exemplo dunha arma da Idade do Bronce Medio (1500 - 1200 a. C.) e desde a súa aparición pasou a formar parte dos principais estudos europeos relacionados con este tipo de artefactos. Os traballos arqueolóxicos levados a cabo na contorna de San Vítor de Barxacova e a ribeira do Mao en 2011 descubriron o lugar exacto da súa aparición, antes descoñecido, logrando unha contextualización completa deste interesantísimo achado arqueolóxico.

-Ponte medieval de Conceliñas.

A veciñanza refírese a esta ponte co nome de Conceliñas, topónimo corrompido que, en orixe, foi sen dúbida Canceliñas, diminitivo de cancela, voz galega que deriva da voz latina cancellus, cancelo, verxa, enreixado, barreira. Este topónimo é o que designa as terras de labor inmediatas á ponte situadas na parroquia de Pedrafita, o que podería explicar o nome da ponte. Outra posibilidade é que este nome de lugar designase en orixe unha ponte que contaba cunha pequena cancela ou barreira que regulaba fiscalmente o paso por ela. Na Idade Media o camiño que atravesa a ponte unía o mosteiro de Montederramo coas ribeiras do río Sil, onde os monxes tiñan importantes explotacións vitivinícolas. A maiores o camiño contibuía a articular o comercio coas vilas medievais de Castro Caldelas e Maceda e co mosteiro de Xunqueira de Espadanedo.

-Forcas.

Sitúase na parte alta de Parada de Sil, a 800 metros de altitude e sofre invernos duros nos que o frío se prolonga desde novembro ata abril. As casas constrúense próximas entre si, para protexerse contra a chuvia, a neve e o vento. A gandería bovina era o principal sustento dos seus habitantes, dedicada principalmente a producción de carne.

Ver más external

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta