Dificultad técnica   Moderado

Tiempo  4 horas 9 minutos

Coordenadas 945

Fecha de subida 28 de junio de 2011

Fecha de realización junio 2011

-
-
870 m
335 m
0
3,5
7,0
13,9 km

Vista 4800 veces, descargada 62 veces

cerca de Rebedul, Galicia (España)

Ruta realizada pola Asociación Castiñeiro e Nogueira entre as poboacións de O Couso e A Cabana no concello de Becerreá. Está bastante ben sinalizada e é moi recomendable para facer en días de calor xa que discorre case sempre á sombra de árbores. Moi fermosa e fácil de seguir. A dirección recomendada é O Couso-Cabana xa que é case toda costa abaixo.

Se se quere facer ao revés (ou se fai ida e volta) hai que ter precaución nun pinar moi cerca do río Navia xa chegando a Cabana: ten moita pendente e non hai camiño claro. Os sinais de sendeirismo (brancos e amarelos) están pintados nos piñeiros e son moi visibles cando se baixa (cara ao río), pero invisibles ao subir.

Para volver no coche desde o final ao punto de partida a mellor ruta (a máis curta) é: Cabana-ponte do Navia-Balaxaz-Buisán-A Cortella-Quintá (coller desvío á esquerda)-Castelmaría e ao chegar á estrada CP-0708 xirar á dereita. O seguinte desvío á dereita é o inicio da ruta.
O track descargueino de Sendero de Quintá-Río Donsal.

Feita en xuño de 2011 por Fernanda, Jesús e Jose.

Outras rutas da zona de Becerreá:
Becerreá: Serra do Calamouco
Outras rutas de Ancares:
De Piornedo a Pico Lanza por Vilarello,
Tres Bispos,Trapa,Brego e Cabanavella,
De Piornedo a Suárbol polo monte de Acevais
Circular Porto Ancares-Miravalles-Balouta
Circular Burbia-Vedual
Os tres cumes de Lugo

3 comentarios

  • Foto de Club Acivro

    Club Acivro 02-jul-2011

    Estimado Jose:

    Para tu conocimiento, está en desarrollo un nuevo tramo desde Buisán a Cabana, pasando por Arroxiña con unas vistas preciosas de los meandros del río Navia, con lo cual se podría optar por la bajada por el pinar o esta última que va a ser mucho más bonita. Estará disponible a partir del verano 2011, cuando se hagan los trabajos de mantenimiento por el II Campo de Trabajo Internacional que organiza la Asociación Castaño y Nogal.

    Un saludo
    Alejandro González
    Club Acivro

  • Foto de jose armesto

    jose armesto 03-jul-2011

    Grazas pola información. Intentarei repetila coa nova variante.
    boas camiñadas,
    un saúdo
    Jose

  • Foto de Jlarcosp

    Jlarcosp 04-dic-2011

    Nuestro más sincero agradecimiento a todas las personas y a la Asociación Castaño y Nogal, que con su dedicación y esfuerzo, han recuperado este sendero haciendo posible que podamos disfrutar tanto del calor humano de sus gentes, así como de su paisaje. GRACIAS.

Si quieres, puedes o esta ruta