Dificultad técnica   Fácil

Tiempo  3 horas 15 minutos

Coordenadas 721

Fecha de subida 13 de junio de 2017

Fecha de realización junio 2017

-
-
324 m
102 m
0
1,3
2,5
5,05 km

Vista 38 veces, descargada 1 veces

cerca de O Rosal, Galicia (España)

O Concello de O Rosal, no muíño da Laxe que hai ao comezo do roteiro e que serve de Centro de Interpretación proporciona a seguinte información:

"O Conxunto histórico-etnográfico dos Muíños do Folón e Picón na Vila do Rosal o forman 67 muíños hidráulicos que foron declarados Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia no ano 1998. Os muíños son dos séculos XVII-XVIII e foron obra dos veciños de Martín e Picón e nunca tiveron dependencia algunha -tal e como se pensaba- dos monxes do Mosteiro de Santa María a Real de Oia.

O percorrido comeza ascendendo pola vertente dos 36 muíños do Folón, que consta de tres sectores. O sector inferior (muíños 1-9), o medio (10-15) e o sector superior (muíños 16-36). Este último sector de 22 muíños resulta algo verdadeiramente único no mundo, xa pola súa sensacional disposición, xa polo seu atractivo impacto visual, situados un tras outro en forma de escaleira ou fervenza para aproveitar o paso da auga e aumentar a súa forza motriz."

Os primeiros muíños do Picón reciben o nome de muíños das Laxes (3), de Padín (5), de Maceira (5) e logo xa xenéricamente do Picón.

"Unha vez arriba, no Chan da Cereixeira, e despois de ter subido todos os muíños do Folón, podemos admirar unha das vistas máis impresionantes do Baixo Miño e aínda de Galicia: a desembocadura do río Miño, o Val do Rosal, o Monte de Santa Trega ou o país veciño Portugal."

Desde aquí faremos un desvío de ida e volta para visitar a capela de San Martiño, tamén con engaloiantes vistas e descendemos de novo ao Chan da Cereixeira.

"Comezamos a baixada polo Picón (integrado por 31 muíños) e contemplamos que algúns dos seus muíños teñen tamén un alboio ou cobertizo para os animais. As pías do penso, as argolas para suxeitar as bestas ou os pousadoiros están igualmente presentes por esta ladeira.

Rodea estes muíños o Camiño dos Frades ou Camiño do Carro, advertíndose os sensacionais sucos que as rodas deses carros fixeron co paso dos anos. Cada 11 de novembro discorre por esta vía a tradicional festa-romaría de San Martiño, tendo como punto de partida a Praza do Calvario."

Ver más external

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta