Dificultad técnica   Fácil

Coordenadas 1722

Fecha de subida 17 de agosto de 2017

Fecha de realización agosto 2017

-
-
437 m
114 m
0
4,1
8,3
16,51 km

Vista 113 veces, descargada 3 veces

cerca de Pazos, Galicia (España)

Por toda a comarca d´O Carballiño están esparexidos innúmeros pazos, casas grandes, igrexas románicas, pontes medievais e aínda algunha fortaleza como a que nós imos visitar: a de Castro Cavadoso -ou Cabadoso-, agora en ruínas.

O roteiro, circular, vai polo concello de Boborás e un chisco polo o de O Carballiño e vai cadrar en parte coas Sendas de Boborás e Arenteiro. Partimos de Pazos de Arenteiro que está declarado Conxunto Histórico Artístico desde o ano 1973 xa que posúe sete pazos de antigos señores ou da Orde de Malta que foron erguidos entre os séculos XVI e XVII arredor da igrexa románica de San Salvador.

Por corredoiras, entre viñedos, carballeiras ou fragas, vamos pasando por varias aldeas ou parroquias, coma Laxas, Gontelle, Cameixa, Moldes, Paradela, Cimadevila, Cabo de Vila, Cabanelas e Fondo de Vila. Moitas delas tamén con señoriais pazos.

E un punto de singular historia que atopamos será a fortaleza medieval de Cavadoso, da que transcribo a información que leo no cartel chantado no lugar:

"Os vestixios do castelo de Castro Cabadoso, xunto co camiño e a ponte, constitúen un dos exemplos máis paradigmáticos no que a fortificacións e construcións medievais se refire, presentándose como unha referencia dentro do contexto medieval da comarca do Carballiño. Está formado por un recinto central alongado en dirección N-S e rodeado por unha muralla con dúas portas de acceso: unha ao sur e que comunica cos outros dous recintos amurallados e outra ao norte que permite a entrada ao recinto desde o exterior.
Xunto a esta porta está a torre que servía de control visual sobre o camiño que rodea a fortificación; un segundo recinto amurallado serviría para reforzar as defensas nos puntos máis febres da plataforma superior e estaría subdividido en tres zonas, unha no norte, outra no oeste e outra no sur; finalmente un terceiro recinto que reforzaría as defensas e alzaríase sobre a ponte.

A información máis antiga sobre Castro Cabadoso remóntase ao ano 1230, se ben só se fai mención á vila de Cabadoso. A xurisdición e o Castelo de Cabadoso estarían englobados no territorio denominado "Terra de Castela" pasando, no século XIV a mans do Conde de Ribadavia. En torno ao 1467 foi destruido pola revolta Irmandiña, se ben o máis probable é que fose reparado. A finais do século XV aínda estaba poboado, sendo a derradeira nova que se ten de Castro Cabadoso, producíndose un abandono paulatino da fortaleza. No catastro de Ensenada (1752) a xurisdición de Castro Cabadoso tiña oito parroquias e catro cotos cun total de 678 vecinos.

Quenes viviron. O personaxe máis relevante era o meiriño que se encargaba de administrar a fortaleza (reparar murallas, abastecemento, etc.) xunto co seu séquito (cociñeiro, costureira, zapateiro, etc.). Tamén habería unha guarnición formada por escudeiros, lanceiros e saeteiros. Outra persoa sería o capelán e o mozo de capela. Finalmente dentro da fortaleza tamén residían algúns campesiños e artesáns."

Ver más external

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta