Dificultad técnica   Fácil

Tiempo  4 horas 29 minutos

Coordenadas 1174

Fecha de subida 6 de septiembre de 2017

Fecha de realización septiembre 2017

-
-
43 m
12 m
0
4,3
8,6
17,15 km

Vista 142 veces, descargada 5 veces

cerca de Salvatierra de Miño, Galicia (España)

O río Tea recolle as súas primeiras augas na Serra do Suído e tamén no Faro de Avión e logo duns 50 quilómetros faise tributario do Miño ao seu paso por Salvaterra. Aquí, no parque d´A Canuda deste concello empeza o noso doado roteiro.

Nun curto primeiro treito, logo de atravesar esta área de lecer, imos pola beira do Miño por un vizoso paseo ata acadar a desembocadura do Tea, a altura da illa de Fillaboa. A partir de agora o percorrido será sempre augas enriba pola mesma beira do Tea e durante uns cinco quilómetros o camiño é ancho, quizáis sen moito atractivo, mais compensado polo paso por algunhas praias fluviais, áreas de lecer e a fermosa ponte baixo-medieval de Fillaboa, de orixe romana.

Pasada a área recreativa d´O Pego o que era un vieiro trócase nun angosto sendeiro de pescadores que, baixo unha capa arborada case que contínua durante uns cinco quilómetros, levarános ata o casco urbano de Ponteareas.

Neste derradeiro tramo hai que citar o paso pola ponte medieval de orixe romana d´As Partidas, con praia fluvial baixo as súas arcadas, as áreas de lecer de Angoares e de Castiñeira e, xa a piques de rematar, outra ponte baixo-medieval, a d´Os Remedios, tamén chamada de San Roque e que deu nome a vila de Ponteareas, onde rematamos a nosa xeira.

Ver más external

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta