Dificultad técnica   Fácil

Tiempo  2 horas 5 minutos

Coordenadas 675

Fecha de subida 9 de septiembre de 2017

Fecha de realización septiembre 2017

-
-
52 m
16 m
0
2,5
4,9
9,85 km

Vista 88 veces, descargada 5 veces

cerca de Rebordanes, Galicia (España)

Este roteiro promovido polo concello de Tui atópase sinalizado con marcas branquiazuis e nun primeiro treito ven cadrando co Camiño Portugués -indo aquí durante uns dous quilómetros por asfalto-. A partir da fermosa pontella das Febres internámonos totalmente na área natural das Gándaras de Budiño para finalmente enlazar coa Senda do Lagartón, que nos levará de novo ao punto de comezo da nosa andaina na ponte medieval de A Veiga, en Guillarei.

O percurso toma o nome de Pedra Santa dunha lenda, como explica o cartel que hai ao comezo da senda:

"Segundo a tradición popular os rapaces de Guillarei e Rebordáns ían coas ovellas e o gando para o monte das Baladas e xogaban tirando pedras ó río. Unha desas pedras era a que estaba enriba dun penedo no lugar do Salgueiral, barrio de Alvelos (antes o penedo estaba pegado ao Louro, agora quedou alonxado do canle do río polas obras de limpeza e depuración das súas augas) pero o día seguinte apareceu enriba.

Os rapaces contaron isto nas súas casas; entón foron os país e empurraron tamén a pedra ó río, pero o outro día volveu ó mesmo sitio. Ante tal comprobación dixeron que aquela pedra tiña que ser Santa. Cargárona nun carro de bois na outra parte do río, na marxen dereita, algúns din que para levala para Portugal xunto coa súa irmá, a Virxe do Faro, xa que o único modo de carretala era polo Camiño de Santiago. Ademáis naquel tempo, o río vadeábase fácilmente, sobre todo no verán.

Chegando ao lugar da Virxe do Camiño, o carro detúbose e no intento de poñelo a andar, xunguiron ata seis xuntas de bois, romperon varios eixos do carro, pero non sairon de alí. Logo, con dous bois, trasladaron a pedra dende o camiño ata o sitio onde está hoxe a capela, construida no século XVIII, sobre a antiga capela que fora construída no século XII.

Despois, construiron a capela coa porta principal mirando ó monte Aloia, pero inesperadamente a imaxe cambiou a súa posición cara o monte Faro, en Portugal. Ante esta nova persistencia os veciños tomaron a decisión de tapiar a porta e abrir outra ó este, para cumprir co que parecía un desexo claro da Virxe do Camiño: estar vendo constantemente a ermida portuguesa onde se lle venera co título da Nosa Señora do Faro."

Ver más external

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta