Dificultad técnica   Fácil

Coordenadas 1595

Fecha de subida 12 de septiembre de 2017

Fecha de realización septiembre 2017

-
-
323 m
103 m
0
3,8
7,6
15,12 km

Vista 81 veces, descargada 4 veces

cerca de Las Caldas, Galicia (España)

O xacemento arqueolóxico de Santomé aséntase sobre un escarpado espigón, facendo o río Loña de defensa natural. Na cara norte había un foxo e un terraplén e amais contaba con murallas concéntricas.

Semella que o castro do curuto está datado nun periodo que vai desde o século I a.C. ata o II d.C. e xa desde o século I d.C. esténdese polas abas outro poboado. A mediados do II d.C. ámbolos dous asentamentos foron abandonados ou destruidos, para un século máis tarde xurdir novas construcións tardo-romanas de tipoloxía rectangular.

Podedes ampliar esta información na páxina web do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

O itinerario podémolo comezar na área deportiva e de lecer de Oria e atravesaremos o río Miño pola pasarela peonil para chegar a desembocadura do Lonia ou Loña por cuxa beira imos augas enriba para conectar co antigo camiño empedrado que nos acerca ao xacemento castrexo e tardo-romano de Santomé.

Segue a nosa andaina baixando pola fraga que hai nos arredores do encoro de Castadón e pasado Tibiás teremos unhas fabulosas vistas sobre a cidade de Ourense desde un carreiro flanqueado por érbedos e aciñeiras.

En Velle pasamos por diante da igrexa barroca de Santa Marta e por unha corredoira baixamos cara o Miño. Desde A Granxa ata o encoro de Velle e durante un quilómetro temos que pisar sobre asfalto. Pasando por riba do embalse entramos de novo na área de lecer de Oria, nas beiras do Miño e punto de comezo do noso roteiro.

Ver más external

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta