Dificultad técnica   Fácil

Tiempo  2 horas 7 minutos

Coordenadas 598

Fecha de subida 14 de septiembre de 2017

Fecha de realización septiembre 2017

-
-
22 m
5 m
0
1,6
3,3
6,6 km

Vista 105 veces, descargada 4 veces

cerca de A Illa da Toxa, Galicia (España)

Xa saberás que a illa d´A Toxa -concello d´O Grove- recibe tamén os nomes de Toxa Grande, Louxo ou Baños de Louxo, que está ligada a terra continental por unha ponte decimonónica, que hai afamados hoteis balnearios e houbo unha fábrica de xabóns de tocador e que aquí está a archicoñecida capela das cunchas, mais igual descoñeces que o santo de advocación da ermida é San Caralampio, que con nome tan sonoro é o patrón dos borrachos.

Xa desde o séc. XVIII hai noticias do interese dos vecinos d´O Grove polos estraños efectos curativos que o lodo, misteriosamente quente, do sur da illa, exercía sobre a pel e o estado xeral de saúde do seu gando que aquí pacía. De aquí xorde a lenda do burro do cura:

"Ao abandonar un crego d´O Grove a un burro moribundo en Louxo, en moi mal estado, coa pel lacerada, foi a illa ao cabo dun tempo e atopóuse co animal totalmente curado e brincando na lama quente."

Coñecidas as propiedades curativas, no ano 1851, Jacobo Otero Aguiño, natural d´O Grove e párroco de Dodro, crea unha sociedade que comezaría a explotación dos mananciais da Porca Morta, despois de pasar esta parcela da illa ás súas mans, como consecuencia da desamortización dos bens eclesiásticos.

O sinxelo paseo contorna a illa procurando sempre o bordo litoral e non precisas de GPS para facelo.

Ver más external

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta