Dificultad técnica   Fácil

Coordenadas 1389

Fecha de subida 28 de septiembre de 2017

Fecha de realización septiembre 2017

-
-
126 m
-2 m
0
3,0
5,9
11,8 km

Vista 86 veces, descargada 7 veces

cerca de Mogor, Galicia (España)

O roteiro recorre un treito da costa do concello de Ortigueira, pola parroquia de Loiba e ao bordo de verticais cantís de máis de cen metros de altitude, ao longo de praias e con vistas a farallóns de senlleiras de aglaiantes formas. A iso de metade da ruta, e se agardamos a debida quenda, poderemos sentarnos no coñecido coma "The best bank of the world", toda unha icona. (No rótulo está escrito "bank" -entidade bancaria- e non bench, banco para sentarse).

O percorrido recibe o nome de Ruta das Algas na promoción turística que fai o concello, sendo moi doado de facer por non presentar case desnivel, agás a baixada a Praia de Fábrega -preto do miradoiro de O Cadaval-, que é bastante costenta e que no seu treito final conta cunha corda para facilitar a baixada, sendo este tramo evitable ao poder facerse o traxecto polo camino de enriba.

Lese na información que atopamos nos carteis:

"Acantilados de O Picón.
Os acantilados de O Picón sitúanse na parroquia de Loibs, no extremo leste do concello de Ortigueira e teñen un grande interese ecolóxico e unha singular beleza. Esta zona de costa acantilada de aproximadamente 7 Km de fronte presenta paredes rochosas moi recortadas pola acción mariña e teito plano, na que se abren areais de difícil acceso prácticamente virxes (O Picón, O Coitelo, Praia de Fábrega, Praia Furada, Praia do Carro e Praia do Sarridal entre outros).

A continuación da Praia do Picón parte unha senda que desemboca nun saliente do acantilado. Alí atópase "the best bank of the world coñecido como "o mellor banco do mundo", dende o cal se poden contemplar unhas vistas inmellorables dos acantilados e divisar Estaca de Bares e Cabo Ortegal.

A Praia do Carro recibe este nome polo seu camino de acceso, polo cal se baixaba en carro para ir buscar algas, especialmente abundantes nesta praia.

O miradoiro de Pena Furada, situado sobre a Praia de Sarridal, ofrece panorámicas únicas do litoral das parroquias de Céltigos e de Loiba. Situado sobre un saliente da costa, permite contemplar Pena Furada, unha impresionante rocha perforada polo mar."

Ver más external

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta