Dificultad técnica   Fácil

Tiempo  una hora 19 minutos

Coordenadas 354

Fecha de subida 2 de octubre de 2017

Fecha de realización septiembre 2017

-
-
87 m
24 m
0
0,9
1,9
3,78 km

Vista 67 veces, descargada 6 veces

cerca de Suegos, Galicia (España)

A Punta Socastro asómase ao mar con escarpadas paredes rochosas un chisco ao norte de O Vicedo e colleu pulo turístico de un tempo para acá, de xeito que será pouco probabel que estedes sós cando alí vaiades.

É chamada tamén O Fuciño do Porco porque a súa forma din que se asemelle ao deste animal e vén sendo o extremo máis occidental da ría de Viveiro.

O sendeiro que foi arranxado con pasarelas de madeira no ano 2014 ten coma finalidade facilitar o acceso para o mantemento dunha baliza marítima, sendo a contorna dunha beleza engaloiante con vistas a ría de Viveiro, a costa de O Vicedo, o illote de A Gaveira, a illa Coelleira e as praias de Pereira e San Román. Se ao anterior lle engadimos un paseo pola zigzagueante pasarela que sobe, baixa e volve a subir sobre a crista dun panorámico cantil con vistas a un e outro lado do mar, pois xa temos un destino de perigrinaxe turística e que amais conta con méritos para elo.

Ver más external

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta