Dificultad técnica   Fácil

Coordenadas 1457

Fecha de subida 4 de octubre de 2017

Fecha de realización octubre 2017

-
-
91 m
7 m
0
3,3
6,6
13,29 km

Vista 65 veces, descargada 6 veces

cerca de Bueu, Galicia (España)

A Zona de Especial Conservación Cabo Udra é un tramo costeiro duns 8 Km de lonxitude entre as praias da Mourisca (Bueu) e de Menduíña (Cangas), situada na parte externa da Ría de Aldán, na que alternan áreas acantiladas e rochedos graníticos de baixa altura con pequeñas calas e praias areosas encaixadas, e que inclúe importantes matogueiras costeiras, o hábitat máis representado no espazo natural.

Dende o seu punto máis elevado, o Monte do Castro, temos unhas abraiantes vistas da Ría de Pontevedra, Illa de Tambo, bocanas das rías de Arousa, Muros e Noia, a Ría de Aldán hacia Cabo Home e a Costa da Vela, Punta de Couso e parte das Illas Cíes e, moi preto, as illas de Ons e Onceta.

O cabo é refuxio de lagartos, serpes, ourizos e coellos. Os penedos que caracterizan a paisaxe teñen a súa orixe hai máis de trescentos millóns de anos. Estas rochas foron erosionándose pola acción da auga da choiva, o vento e a humidade, o que deu lugar as distintas e curiosas formas. Os chozos de Esqueiros construíronse aproveitando o tamaño dos penedos e servían de refuxio aos pastores.

A zona conta coa Aula da Natureza do Cabo Udra, que pódese visitar en época estival, os sábados e domingos no horario de 12:00 a 19:00 H, sendo o seu teléfono o 699 996 685. Atopades máis información na páxina web do Concello de Bueu.

Ver más external

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta