Dificultad técnica   Fácil

Tiempo  una hora 29 minutos

Coordenadas 1310

Fecha de subida 10 de octubre de 2017

Fecha de realización octubre 2017

-
-
145 m
4 m
0
3,4
6,8
13,52 km

Vista 39 veces, descargada 6 veces

cerca de Taramancos, Galicia (España)

Pola costa meridional da ría de Muros e Noia esténdense unha manchea de fermosas praias de fina area que conforman parte do litoral dos concellos de Noia e Porto do Son.

O roteiro, sendo circular, pode iniciarse no porto do Testal, a carón da súa praia de augas superficiais e a que seguen outras con bancos areosos de gran importancia marisqueira, con berberecho ou semente de mexillón que logo terminará de medrar nas bateas.

Pasada a zona do Testal mergullámonos baixo un bosque por un carreiro ribeireño que abandonaremos antes de chegar a praia de Boa Pequena para afastarnos do mar, indo agora polas abas do Monte San Lois por camiños baixo un bosque mixto con piñeiros, carballos e algúns castiñeiros.

Pasamos polos lugares de O Vilar, O Rial, Bouzas e pola igrexa e casa reitoral de San Martiño de Miñortos. Ao toparnos co rego Ornanda seguimos as súas augas ata a súa desembocadura na praia homónima e de aquí costeamos ata o porto deportivo de Portosín.

Desde Portosín faremos o retorno ata a Punta do Testal sempre pola costa, por praias coma Boa Grande e Pequena, puntas Batuda e Cabalo con impresionantes vistas sobre a ría, illa de Creba e os montes Tremuzo e Louro.

Ver más external

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta