Dificultad técnica   Fácil

Coordenadas 1409

Fecha de subida 13 de octubre de 2017

Fecha de realización octubre 2017

-
-
64 m
4 m
0
4,0
7,9
15,81 km

Vista 76 veces, descargada 3 veces

cerca de Pozo Negro, Galicia (España)

O treito de costa en Xuño, no concello de Porto do Son, é dunha gran importancia natural por contar cun sistema dunar de bastante altura e que chega a penetrar en terra firme con anchos de ata 300 metros e no que medran especies típicas deste hábitat como a arenaria do mar, a mapoula amarela de praia, a leiteiriña do mar, a correola mariña, o feo da praia ou as cebolas das gaivotas. Amais en paralelo as praias de Xuño e a de Areas Longas existen duas lagoas de auga doce e zonas de humedais que acollen a parrulos, garzas e mazaricos, atopándose tamén nas dunas a píllara.

Namentres a lagoa de Xuño está xa prácticamente colmatada por sedimentos e colonizada por xuncos e outras plantas, a de San Pedro de Muro, de forma alongada, conta cun volume de auga doce significativo.

O roteiro é circular e podémolo comezar na coñecida praia das Furnas -onde Ramón Sampedro quedou tetrapléxico- e tiramos cara ao norte para a praia do Río Sieira, adentrándonos para a ponte medieval de Xuño, que cruza o Sieira preto da súa desembocadura cun só arco de medio punto de 6 metros de longo.

Recorremos a agra interior e de novo achegámonos ao sistema dunar pasando polas lagoas de Xuño e Muro para logo enfilar aos lugares de Basoñas e Seráns.

Acadamos a punta da praia de Espiñeirido -co monte Tahume as costas- e emprendemos a derradeira etapa da nosa xeira que desde aquí vai polo bordo litoral por praias como Cativa, Melreira e finalmente a de Xuño que según os treitos recibe os nomes de praia de Areas Longas -ou Basoñas-, praia de Xuño e praia das Furnas, sen que quede moi claro onde remata unha e comeza a outra, pois é un areal continuo.

Ver más external

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta