Dificultad técnica   Fácil

Coordenadas 1527

Fecha de subida 23 de octubre de 2017

Fecha de realización octubre 2017

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
578 m
460 m
0
4,2
8,3
16,7 km

Vista 217 veces, descargada 20 veces

cerca de Doade, Galicia (España)

O museo etnográfico Casa do Patrón é o promotor deste sendeiro homologado coma PR-G 210 que transcorre polas parroquias de Soutolongo, Lodeiro, A Xesta, Vilanova e Doade, do concello de Lalín. Nesta última freguesía atópase un xacemento castrexo que vén sendo un dos puntos a visitar no roteiro, podéndose comezar éste ao carón do museo.

O percorrido vai por camiños rurais, carreiros e sendas de pescadores e danos a coñecer carballeiras, soutos, o monumental carballo catalogado de Soutolongo -coa copa máis grande de Galicia-, pontellas sobre o río Asneiro e regatos Abeleda e Lebozán, fermosas contornas naturais coma as de Entre Ríos e Mouriscade, a igrexa románica de Vilanova, o forno de pan de Riazón, os restos da mámoa de Agro do Castro e tamén o castro de Doade.

Nos carteis que hai a entrada do castro, lese:

"O castro de Doade, popularmente coñecido como Aurela do Castro, conta cun único recinto de tendencia circular aínda que lixeiramente maís extenso no seu eixe leste-oeste. O seu perímetro está delimitado por un terraplén maís desenvolvido nas zonas leste e norte. Desde o punto de vista paisaxístico o castro constitúe unha formidable terraza natural sobre o val do río Asneiro, con vistas panorámicas únicas da parte central da comarca do Deza que permiten divisar os castros limítrofes de Soutolongo, Vilanova e A Xesta.

Unha das características máis importantes dos castros como poboados fortificados da Idade de Ferro son as súas murallas. Os poboaores buscaban lugares adecuados para a súa subsistencia e comunicación, en posicións destacadas, e rodeábanse destas defensas para evitar ser vulnerables, tanto a animais coma a outras personas.

O castro de Doade non é unha excepción: está rodeado dunha muralla que mide actualmente uns 6 metros de alto pola súa zona sur e chega aos 7 metros noutras zonas. Ao tratarse dun lugar relativamente chan os construtores precisaron acumular grandes cantidades de recheo de terra e pedras para poder facela o máis alta posible.

Neste castro documentouse un dobre foso exterior, de 1,65 metros na súa primeira altura e de 3,75 metros na segunda, próximo á muralla, da que se atopou un derrube que pararía no foso. Tras varios niveis de sedimentación, nun momento no que xa non sería necesario conservar o foso, foi colapsado a través de varios niveis de recheo de pedra e terra, de maneira que quedaría completamente tapado previo á sedimentación da capa vexetal. Trátase do único foso de Galicia excavado na rocha nai e baleirado totalmente."

Ver más external

1 comentario

  • Foto de aconsalpe

    aconsalpe 26-nov-2017

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    Una ruta muy bonita, se puede realizar tanto en verano como en otoño

Si quieres, puedes o esta ruta