Dificultad técnica   Fácil

Tiempo  5 horas 23 minutos

Coordenadas 2169

Fecha de subida 31 de octubre de 2017

Fecha de realización octubre 2017

-
-
191 m
3 m
0
4,0
8,0
16,01 km

Vista 75 veces, descargada 3 veces

cerca de Nemiña, Galicia (España)

O Cabo Touriñán ten a honra de ser testemuña do último raio de sol da Europa continental por dúas veces ao ano, a primeira vai desde o equinoccio de primavera -20 ou 21 de marzo- ata o 25 de abril e na segunda ocasión desde o 13 de agosto ata o 22 de setembro, e esto ocorre aíndo non sendo o punto máis occidental europeo. Esta "rareza" é debida a variación do eixo de xiro terrestre ao longo do ano que fai cambear a súa posición relativa respecto ao sol.

Hai a crenza trabucada que Fisterra é o extremo máis occidental da Península, punto que está no Cabo de Roca, en Portugal, seguido de Touriñán. Mesmo o Cabo de Nave, preto de Fisterra, está situado máis ao occidente da lendaria Finis Terrae.

Nesta punta de Touriñán, cuns dous quilómetros internándose na mar, érgueuse no ano 1898 un faro, que foi mellorado en 1918, para orientar aos mariñeiros por esta perigosa Costa da Morte. No ano 1981 toma o relevo a luz do novo faro anexo, situado nunha torre de 11 metros de altura.

O noso roteiro, circular, pódese escomenzar na longa praia de fina area branca de Nemiña -moi coñecida polos amantes do surf- e de aquí, cara ao interior, pasaremos polas aldeas de Vilela -cunha Casa Grande-, Queiroso e Touriñán. Xa en Touriñán, o percorrido vén cadrando case todo coa Ruta dos Faros, indo pola beira de cantís, o Cabo Touriñán, por fronte o illa do Castelo ou Herboso e retorna de novo a praia de Nemiña.

Ver más external

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta