Dificultad técnica   Fácil

Tiempo  un minuto

Coordenadas 1322

Fecha de subida 9 de noviembre de 2017

Fecha de realización noviembre 2017

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
600 m
447 m
0
3,6
7,3
14,56 km

Vista 80 veces, descargada 3 veces

cerca de Junquera de Ambía, Galicia (España)

Un pelamio é unha pía onde se somerxen as peles en auga e cal para macerar e retirar a pel, é a edificación e o conxunto de tanques para curtir coiros ou peles. O topónimo pelamio aparece en zonas próximas a regueiros ou ríos cuxas condicións favorecían a actividade de curtido, de aquí o nome deste roteiro que pasa por algunha das antigas instalación que hai nas beiras do río Arnoia.

O percorrido comeza no centro de Xunqueira de Ambía, a carón do antigo mosteiro fundado no ano 955, que foi colexiata de Santa María e conta cunha igrexa románica do século XII que é Monumento Nacional desde 1931.

A altura da capela de San Pedro o camiño, entre carballos, baixa procurando o río Arnoia, para pasar polas ruínas de dous antigos pelamios e unha fonte termal. O Arnoia desde o seu nacedoiro en Vilar de Barrio e a súa desembocadura no Miño, logo de 84,5 quilómetros, é o máis longo da provincia de Ourense e na zona dos pelamios poderemos contemplar unha gran pontella de pedra, son os Pasados do Veiro.

Por unha corredoira subimos a aldea de San Xillao arrodeada de ciclópeos bolos graníticos e que ten unha ermida. Por congostras, baixo bosques de carballos, o sendeiro lévanos ata A Pousa, lugar de paso do camiño xacobeo da Vía da Prata e concapela de advocación a Virxe do Camiño.

Pasando por Vilanova e Vilariño do Río, o vieiro tira de de novo hacia o río Arnoia, que pasaremos pola Ponte das Poldras no Ecoespazo de O Rexo e aquí poderemos ver esculturas e pinturas do artista vasco Agustín Ibarrola.

Xa só nos queda o último treito para volver a Xunqueira de Ambía, que nunha pequeña parte vén cadrando co traxecto da ida.

Ver más external

1 comentario

  • josepuganovoa 18-nov-2017

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    Ruta bonita,facil de seguir ,solamente un pequeño problema por obras paralelo a via de tren,que se perdio las marcas,esperemos q las repongan

Si quieres, puedes o esta ruta