Dificultad técnica   Fácil

Tiempo  6 horas 11 minutos

Coordenadas 1702

Fecha de subida 14 de noviembre de 2017

Fecha de realización noviembre 2017

-
-
451 m
202 m
0
4,5
9,1
18,18 km

Vista 58 veces, descargada 6 veces

cerca de Cornoces, Galicia (España)

Malia que o concello de Amoeiro encrávase sobre a meseta de Os Chaos, o río Barbantiño ao seu paso abriu un fondo leito polo oeste do municipio que deu orixe a unha contorna de grande importancia natural. Este curso de auga de enorme beleza e por cuxas marxes transcorre gran parte do noso recorrido fai de linde cos concellos veciños de Maside e Cea.

Amoeiro conta con varios pazos señoriais entre os que sobrancean o de Trasalba -que é sé da fundación e museo Otero Pedrayo- e o de San Damián, hoxe adicado a hotel rural. Na nosa andaina pasaremos polo pazo de A Martinga e o de Cornoces.

O roteiro arrinca do mesmo centro de Amoeiro, do Parque dos Sentidos, e logo de ver varias eiras baixa a procura das engaloiantes marxes do río Barbantiño, entre carballeiras e bosques de ribeira. Nun curto treito cadramos co Camiño Natural do río Barbantiño (hoxe impracticable se seguíramos curso embaixo pola crecida do mato ao non haber mantemento deste Camiño Natural). Nós imos augas enriba desde a impresionante fervenza do Cachón, deixando atrás varios muíños e o encoro para acadar a ponte medieval de San Fiz que une Amoeiro con Maside polo antigo Camiño Real a Compostela e da que xa hai referencias do século XIII.

Logo dun bo paseo polas vizosas ribeiras do Barbantiño, o sendeiro sobe para o ruinoso pazo de A Martinga ao que segue o de Cornoces, constando documentación deste último do ano 1779 e que agora é propiedade da Fundación San Rosendo. Por unha congostra entre carballos, conectamos co camiño xacobeo da Vía da Prata para finalmente regresar ao casco urbano de Amoeiro.

O percorrido vén concordando cunha andaina organizada co nome de Ruta dos Pazos de Amoeiro, que non está sinalizada.

Ver más external

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta