• Foto de Roteiro por Fornelos de Montes
  • Foto de Roteiro por Fornelos de Montes
  • Foto de Roteiro por Fornelos de Montes
  • Foto de Roteiro por Fornelos de Montes
  • Foto de Roteiro por Fornelos de Montes
  • Foto de Roteiro por Fornelos de Montes

Dificultad técnica   Fácil

Tiempo  4 horas 13 minutos

Coordenadas 1079

Fecha de subida 29 de julio de 2012

Fecha de realización julio 2012

-
-
469 m
106 m
0
2,8
5,7
11,34 km

Vista 2432 veces, descargada 57 veces

cerca de Iglesia, Galicia (España)

Montes, neste percorrido non sinalizado, poucos; máis ben algunhas carballeiras e moitos camiños e corredoiras que unen lugares e predios desta Terra de Montes que din é a de maior pluviosidade de toda España.
Imos comezar a estarricar as nosas pernas na praza onde está a casa consistorial e logo de botar unha ollada a igrexa de San Lourenzo (séc. XVI) baixamos a Fondo de Vila e ao lugar de O Ceo, que gábase dun eucalipto de 35 m de alto e boa roda. Se xa estamos cansos, mala cousa, a poucos metros atopamos unha área de lecer e proseguindo cara ao río Oitavén albiscamos a cola do seu encoro.
Pasamos o rego do Porto das Vacas por un treito de sombriza carballeira e outro pequeno regueiro máis, o de Casero e a altura dunha granxa escola procuramos as ourelas do encoro de Eiras, mergullándonos nunha boa carballeira.
Segue o roteiro por Soutosico e subimos polas abas do monte para ver dende enriba a presa que subministra as augas a cidade de Vigo.
Baixamos para a Portela e vadeamos outra vez o rego do Porto das Vacas, tamén por outro recuncho fermoso e logo só resta retornar ao centro da vila de Fornelos de Montes.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta